Usted está aquí

Documentación

I. Órganos de Goberno do Fogga

Os órganos de goberno do Fogga son a Presidencia e o Consello Reitor.

A Presidencia do Fogga, tal e como dispón no artigo 12 dos seus estatutos, corresponde ao Conselleiro do Medio Rural.

O Consello Reitor do Fogga: Os vogais do Consello Reitor nomeáronse consonte co previsto na Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Consello Reitor do Fondo Galego de Garantía Agraria (Diario Oficial de Galicia núm. 117, do 21 de xuño).

O Director do Fogga é o órgano executivo e de xestión do organismo, nomeado e separado por decreto do Consello da Xunta entre os que teñen a condición de titular dun órgano de dirección da consellería competente en materia de medio rural. Na actualidade o Director do Fogga é o Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

A composición actual dos ditos órganos é a seguinte:

Presidente do Fogga: José González Vázquez
 
Director do Fogga: Silvestre José Balseiros Guinarte
 
Vogais do Consello Reitor:
 
En representación da Consellería do Medio Rural:

  • Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural
  • Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal
  • Subdirector Xeral de Xestión da PAC

En representación da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda:

  • Directora Xeral de Conservación da Natureza

En representación da Consellería de Facenda e Administración Pública:

  • Subdirector xeral de Programación e Coordinación de Fondos Europeos


II. Delegación de funcións

Resolución do 29 de abril de 2009 sobre delegación de competencias no vicepresidente e no director do Fondo Galego de Garantía Agraria

III. Contas anuais e informes de auditoría das contas anuais


IV. Convenios

V. Contratos
 

Encomendas de xestión

Encomendas de xestión vixentes a 01.01.2023

Obxecto da encomenda Prazo de vixencia

Encargo para os traballos técnicos de colaboración instrumental co FOGGA, das axudas ao programa de actuacións para a aplicación da PAC en Galicia durante o ano 2023.

31/12/2023