Vostede está aquí

Español

Beneficiarios e requisitos

A axuda concederáselles aos/ás agricultores/as de carne de vacún polas cabezas sacrificadas dentro dalgún dos seguintes sistemas de calidade recoñecidos oficialmente mediante a correspondente norma legal:

De ámbito comunitario:

  1. Indicacións xeográficas protexidas
  2. Denominacións de orixe protexidas
  3. Gandaría ecolóxica

De ámbito nacional:

  1. Gandaría integrada.
  2. Etiquetaxe facultativa da carne que implique uns requisitos superiores aos esixidos na normativa xeral. Neste caso, soamente poderán aceptarse os que cumpran o establecido no artigo 62º.1.e) do Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro.

Soamente se admitirán animais cebados e sacrificados en España dentro dalgún sistema de calidade de carne recoñecido oficialmente en España.

Para a realización do pagamento, os/as responsables dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas, das entidades que acrediten a produción gandeira ecolóxica, gandería integrada e os/as responsables dos pregos de etiquetaxe facultativa comunicaranlle ao Fogga, antes do 1 de febreiro de 2014, a información necesaria sobre os animais sacrificados durante o período do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2013 dentro destes programas de calidade, segundo os datos mínimos do anexo 14.

Deberase solicitar a axuda nos lugares e prazos establecidos, presentando a documentación prevista nos modelos de solicitude.

Obxectivos

Incentivar a mellora da calidade e a comercialización da carne de vacún.

Importe das axudas

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente establecerá anualmente a contía do pagamento adicional por cabeza dividindo o montante global dos fondos entre o número de cabezas que cumpran as condicións de concesión, cun máximo de 200 cabezas por explotación.