Reserva nacional
Requisitos xerais de acceso para todos os casos
- O solicitante ten que ser agricultor “en activo” no momento
da solicitude, e no seu caso, en campañas anteriores.
- As unidades de produción polas que se solicitan dereitos á Reserva
Nacional, deben continuar en poder do solicitante no momento de presentar
a solicitude única 2009 e polo tanto deben figurar na mesma; ademais
de corresponderse con algún dos sectores indicados no anexo VI
do R (CE) nº 1782/2003. E se os dereitos solicitados á Reserva
Nacional están baseados en sectores agrícolas (superficies),
as superficies cultivadas deberán de cumprir os criterios de admisibilidade
a efectos do Pagamento Único.
- Facer declaración de superficies na PAC 2009; tendo en conta que se
o solicitante xa ten asignación de dereitos deberá declarar superficie
suficiente para cubrir os dereitos xa asignados e os posibles que se lle asignen
da Reserva Nacional 2009.
Requisitos de acceso por tipo
Agricultor lexitimado para recibir dereitos de axuda ou para aumentar o valor
dos dereitos que xa ten, por resolución de sentenzas xudiciais firmes
ou actos administrativos firmes e resoltos favorables.
Ten que existir unha sentenza ou acto administrativo que implique a asignación
ou o incremento de importes para as unidades de produción e os pagamentos
do período de referencia ou de asignacións posteriores procedentes
da Reserva Nacional (Recurso resolto favorablemente e non tido en conta na actualización
da asignación de dereitos de pagamento único en base á admisión, á asignación
inicial de dereitos, ao beneficio inesperado, á asignación ou non
asignación de dereitos da Reserva Nacional de campañas anteriores).
Agricultores mozos que realizaran a súa primeira instalación no ámbito
dun programa de Desenvolvemento Rural establecido en base ao Regulamento 1698/2005
incorporándose nalgún dos sectores, con excepción do de
produción de sementes, do anexo VI do Regulamento (CE) nº 1782/2003,
e que non recibiran dereitos da Reserva Nacional en campañas anteriores.
- O solicitante non pode ter solicitude de axudas nas cinco campañas
anteriores á incorporación á actividade agraria; nin
individualmente nin formando parte dunha sociedade.
- O solicitante non pode ter asignación de dereitos nin importes
da Reserva Nacional, por ser agricultor mozo en anteriores asignacións.
- No caso de sociedades, todos os socios deben cumprir os requisitos anteriores.
- O solicitante tivo que iniciar a actividade despois do 31/12/2002, ou
en 2002, pero sen recibir axudas directas ese ano, e antes da data de inicio
do prazo de presentación da solicitude da reserva.
- O solicitante acreditará ter aprobado o inicio de actividade agraria
dentro dun Programa de Desenvolvemento Rural.
- Ter a titularidade ou cotitularidade dunha explotación agraria
en propiedade ou arrendamento, pola que vai a solicitude á Reserva
Nacional dentro da solicitude única.
- Estar dado de alta na Seguridade Social na actividade agraria, a partir
da súa primeira instalación e, en todo caso, na data de finalización
da presentación da solicitude á Reserva Nacional 2009.
- O cónxuxe do solicitante non pode estar incorporado á actividade
agraria, e se o estivese, deberán xustificar que están en réxime
de bens gananciais na data da solicitude á Reserva Nacional.
Agricultores mozos que recibiran dereitos da Reserva Nacional na asignación
inmediatamente anterior e presentaran con posterioridade a dita solicitude, solicitudes
de axuda por sacrificio ou solicitude de axuda de pagamentos adicionais de vacún
de carne de calidade.
- Ter solicitude á Reserva Nacional na campaña anterior.
- Ter presentado a solicitude de sacrificio de gando vacún na campaña anterior á da solicitude actual de dereitos da reserva nacional, que por datas de presentación sexan posteriores á data de finalización da solicitude única da campaña anterior e non fora tido en conta no cálculo dos dereitos da reserva en dita campaña.
Agricultores con explotacións situadas en zonas suxeitas a programas de
reestruturación ou desenvolvemento relacionados con algún tipo
de intervención pública, que teña por obxectivo evitar o
abandono de terras ou compensar as desvantaxes específicas para agricultores
de ditas zonas.
- O solicitante non pode ter asignación da Reserva Nacional polo
mesmo motivo en anteriores asignacións de dereitos de pagamento único
da reserva nacional sobre as unidades de produción polas que solicita
a nova asignación de dereitos á Reserva Nacional da campaña
2009.
- O solicitante debe xustificar calquera dos seguintes programas de reestruturación
seguintes:
- Beneficiarios da Reserva Nacional de cota láctea
- O solicitante ten que ter adquirido cota da Reserva Nacional
de cotas na campaña 2006-2007.
- Beneficiarios da Reserva Nacional de dereitos de prima de ovino–cabrún
- O solicitante ten que ter asignación de dereitos de
prima en campañas anteriores.
- Concentracións parcelarias
- O solicitante ten que ter máis dereitos asignados inicialmente
que superficie declarada, pero esa diminución de superficie
non pode superar o 50% dos dereitos asignados.
- Transformacións en regadío