Vostede está aquí

Funcións

Funcións do FOGGA

Dentro das funcións que exerce o Organismo pódense distinguir aquelas que lle corresponden como organismo pagador dos gastos financiados polos fondos europeos agrarios, as operacións de intervención e regulación de mercados, e as de xestión das distintas axudas, primas e restitucións á produción, previstas na Política Agraria Común.

  • Como organismo pagador
    O FOGGA constitúese, na Comunidade Autónoma de Galicia, como o organismo pagador dos gastos que leva consigo a execución da política agrícola común con cargo aos fondos FEAGA e FEADER, correspondéndolle a autorización das axudas que xestiona e a execución e contabilización dos pagos de todas as axudas con cargo aos devanditos fondos en Galicia. Mediante a autorización do pagamento establécese a cantidade que, en concepto de axuda, lle debe ser pagada ao solicitante. a execución do pagamento correspóndelle ao Organismo, logo de recibidos os fondos do Tesouro da comunidade Autónoma procedentes do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA).

    A través da contabilización do pagamento, o Organismo rexistra os pagamentos e dereitos con cargo aos devanditos fondos. Ademais, correspóndenlle como organismo pagador, as funcións de control interno que aseguren o correcto funcionamento do sistema de pagamentos, a rendición das contas que se remitan á Comisión Europa, as relacións co FEGA e con outros organismos pagadores e a conservación e posta a disposición de toda a documentación e controis relativos ás operacións e pagamentos efectuados.
  • Apoio ao Sector Lácteo e Mercados Agrícolas
    As actuacións en materia de intervención e regulación de mercados (operación de compra, venda e almacenamento de produtos agropecuarios en aplicación das distintas organizacións comúns de mercados) son desenvolvidas polo FOGGA, por conta do FEGA, sobre a base dun convenio polo que se lle encomenda a xestión de tales actuacións, entre as que figuran, tamén, o control das operacións de distribución gratuíta de produtos a centros benéficos, procedentes de retiradas da produción. En particular, respecto do sector lácteo, comételle ao Organismo a realización das operación de compra e venda de manteiga e leite en po en réxime de intervención e o control sobre as declaracións de entregas en relación coa taxa suplementaria no sector do leite.
  • Xestión de axudas
    Correspóndelle, así mesmo, ao FOGGA a xestión das distintas axudas directas a explotacións con cargo ao FEAGA , derivadas da política agrícola común (réxime de pagamento único, superficies/cultivos herbáceos, primas por vacas nutrices e outras para o gando vacún ovino e caprino, entre outros), doutras axudas a explotacións cofinanciadas polo FEADER (indemnizacións compensatorias e medidas agrombientais), e a xestión doutras medidas derivadas da aplicación das distintas organizacións comúns de mercados: restitucións á produción no sector dos cereais e forraxes desecadas, así como a axuda para o consumo de leite e froitas en centros escolares
Funcións