Vostede está aquí

Consulta de axudas pagadas polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

A Lei 4/2006, de 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración Pública Galega establece no seu artigo 13.4.3º que o organismo que realice actividades de fomento mediante ou outorgamento de fondos públicos deberá de publicar na páxina web oficial as concesións de axudas e subvencións indicando a relación de beneficiarios e importes e normativa reguladora. O Regulamento (CE) 259/2008, da Comisión, de 18 de marzo de 2008, establece as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1290/2005 do Consello no que se refire á publicación anual dos beneficiarios e importes recibidos con cargo a cada un dos Fondos FEAGA e FEADER. De conformidade coas citadas normas publícanse para facilitar a súa consulta, os importes das axudas concedidas con cargo ao FEAGA solicitadas a partir da campaña 2007 e con cargo ao FEADER solicitadas a partir do 1 de xaneiro de 2008. Para realizar a consulta introduza un ou varios dos datos seguintes:

Apelidos/Razón Social:
NIF/CIF/NIE:
Provincia:
Concello:
Campaña: