Vostede está aquí

Puntos destacados

PERÍODO DE TRANSICIÓN: A campaña de 2014 establécese como ano de transición, mantendo a mesma estrutura de axudas que no período anterior e tomando os datos das solicitudes e os pagamentos como referencia para o seguinte período. O 31 de decembro de 2014 desaparecen os dereitos de vaca nutrize tamén desaparecen os dereitos de pagamento único (DPU) que se transformarán ,estes últimos, en dereitos de pagamento básico (DPB) en 2015.

AGRICULTOR ACTIVO: para ser beneficiario de calquera tipo de pagamento directo e dalgunhas axudas de desenvolvemento rural, o solicitante debe ser agricultor activo a partir de 2015 para o calos seus pagos directos non serán superiores a un 80% dos seus ingresos totais agrarios (pagos directos+ ingresos da actividade agraria).

PAGAMENTO BÁSICO: Os actuais receptores do PAGAMENTO ÚNICO poderán solicitar a partir de 2015 unha axuda denominada "PAGAMENTO BÁSICO" que estará determinado para cada solicitante en función da superficie declarada nas campañas 2013 e 2015 e os importes de axudas percibidos en 2014. Cada dereito deberá ser xustificado cunha hectárea de terreo admisible que cumpra coas condicións establecidas na normativa comunitaria.

CONVERXENCIA: A nova reforma da PAC pretende que os importes por hectárea nunha determinada rexión sexan cada vez máis próximos, por iso os importes do Pagamento Básico por hectárea converxen anualmentede xeito limitado, ao importe medio de cada rexión.   

PAGAMENTO VERDE: Os beneficiarios do Pagamento Básico, recibirán este pagamento por adoptar unha serie de prácticas agrarias beneficiosas para o clima e o medio ambiente.