Vostede está aquí

Custos de produción

Eficiencia Enerxética en explotacións de vacún de leite (ENERLACTEO)

A Consellería do Medio Rural e do Mar en colaboración coas comunidades autónomas de Castela e León e Asturias levou a cabo un proxecto no marco da Red Rural Nacional (2010-2011) de “Prospección, análise e divulgación de medidas de aforro e eficiencia enerxética no sector lácteo” para o fomento do uso racional da enerxía, o aforro e a mellora da eficiencia enerxética no sector leiteiro.

Este proxecto contemplou as seguintes actuacións:

  1. Realización de 150 auditorías enerxéticas en explotacións bovinas leiteiras co obxecto de coñecer as características do seu consumo enerxético.
  2. Realización de actividades de divulgación de medidas de aforro enerxético no sector, entre as que figura a edición dun manual de “Boas Prácticas de Eficiencia Enerxética nas Explotacións Leiteiras”.
  3. Desenvolvemento dunha ferramenta on-line de xestión enerxética, para que calquera explotación de vacún leiteiro poida avaliar o seu consumo enerxético e comparalo cos datos doutras explotacións semellantes. A aplicación informática chamada ENERLACTEO, logo de analizar os datos das explotacións que realicen a súa consulta on-line, ofreceralles conclusións respecto da urxencia e rendibilidade de implementar medidas de aforro enerxético.