Vostede está aquí

Paquete Lácteo

Elaborado sobre a base das conclusións dun grupo especial de alto nivel creado despois da crise do mercado do leite de 2009, este conxunto de medidas está destinado a impulsar a posición dos produtores de leite na cadea de subministración de produtos lácteos e da preparación do sector para unha maior orientación ao mercado e ao futuro sustentable.

O paquete lácteo:

  • posibilita que os estados membros establezan a obrigatoriedade de formalizar contratos escritos entre os produtores e os compradores de leite.
  • posibilita  a negociación colectiva dos termos dos contratos individuais a través das organizacións de produtores.
  • establece novas normas específicas para as organizacións interprofesionais.
  • proporciona unha serie de medidas para aumentar a transparencia no mercado.

Normativa

  • Normativa Europea
    • Regulamento (UE) nº 261/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, de 14 de marzo de 2012, que modifica o Regulamento (CE) nº 1234/2007 do Consello no que incumbe ás relacións contractuais no sector do leite e dos produtos lácteos.
    • Regulamento de Execución (UE) nº 511/2012 da Comisión, de 15 de xuño de 2012, relativo ás notificacións sobre as organizacións de produtores e as organizacións interprofesionais e sobre as negociacións e relacións contractuais previstas polo Regulamento (CE) nº 1234/2007 do Consello no sector do leite e dos produtos lácteos.
    • Corrección de erros do Regulamento de Execución (UE) nº 511/2012 da Comisión, de 15 de xuño de 2012, relativo ás notificacións sobre as organizacións de produtores e as organizacións interprofesionais e sobre as negociacións e relacións contractuais previstas polo Regulamento (CE) nº 1234/2007 do Consello no sector do leite e dos produtos lácteos.
    • Regulamento Delegado (UE) nº 880/2012 da Comisión, de 28 de xuño de 2012, que completa o Regulamento (CE) nº 1234/2007 do Consello no que incumbe á cooperación transnacional e as negociacións contractuais das organizacións de produtores no sector do leite e dos produtos lácteos.
    • Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os Regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007.
  • Normativa Estatal
    • Real Decreto 1363/2012, de 28 de setembro, polo que se regula o recoñecemento das organizacións de produtores de leite e das organizacións interprofesionais no sector lácteo e establécense as súas condicións de contratación.
    • Orde ARM/3159/2011, de 11 de novembro, pola que se regula o rexistro nacional de organizacións e asociacións de organizacións de produtores de leite.
  • Normativa da Comunidade Autónoma
    • Decreto 112/2011, do 3 de xuño, polo que se regula o procedemento de recoñecemento e rexistro das organizacións de produtores de leite na Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Decreto 155/2013, do 19 de setembro, polo que se modifica o Decreto 112/2011, do 3 de xuño, polo que se regula o procedemento de recoñecemento e rexistro das organizacións de produtores de leite na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contratos Obrigatorios

Todas as subministracións de leite cru que teñan lugar en España dun produtor a un transformador serán obxecto de contratos escritos entre as partes, e no caso de que a devandita subministración se realice a través dun ou máis intermediarios, cada etapa da venda será obxecto de contrato escrito entre as partes.

  • A INLAC
    • Asinouse un convenio de colaboración entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Organización Interprofesional do sector lácteo (Inlac) para a creación e mantemento dunha base de datos que recolle a información dos contratos celebrados no sector lácteo. A Inlac recibe, valida e procesa a información comunicada polos receptores co obxecto de comprobar o cumprimento da normativa en vigor e de poñer a disposición dos axentes do sector de información sobre a situación actual da contractualización obrigatoria.
  • XACOBEA (ferramenta informática de referenciación de prezos do leite)
    • A Consellería do Medio Rural creou a presente ferramenta informática para a referenciación de prezos do leite que pode ser utilizada para reducir os efectos da alta volatilidade dos prezos do leite, e para poder compensar simultáneamente en función da evolución dos custos de produción, e serve para obter un valor ao cal referenciarse á hora de establecer un prezo para o leite no contrato a asinar, coa grande vantaxe de evolucionar en tempo real co mercado lácteo.

      http://xacobea.xunta.es
  • Organizacións de produtores de leite (OPLs)
    • Son entidades con personalidade xurídica propia, de carácter civil ou mercantil, constituídas exclusivamente por produtores. As organizacións deberán agrupar un mínimo de produtores e de produción comercializable anual.Todas as condicións dos contratos lácteos, incluído o prezo, poderán ser negociadas polas organizacións recoñecidas, en nome dos seus membros, con anterioridade a que cada un deles subscriban o mesmo.
    • Obxectivos:
      • Concentrar a oferta e levar a cabo a comercialización da produción dos seus membros e ademais, deberán, polo menos, perseguir unha das seguintes finalidades:
        • a) Garantir que a produción se planifique e se axuste conforme á demanda, sobre todo no referente á calidade e á cantidade.
        • b) Optimizar os custos de produción e estabilizar os prezos de produción.
    • Rexistro Nacional de Organizacións e Asociacións de Organizacións de Produtores de leite:
      • O recoñecemento das organizacións corresponde ao órgano competente da comunidade autónoma onde radique a sede da efectiva dirección da entidade solicitante. En Galicia lle corresponde á persoa directora do Fondo Galego de Garantía Agraria.
Composición