Vostede está aquí

Taxa láctea

Na aplicación do réxime da taxa láctea, o Real Decreto 754/2005, do 24 de xuño (BOE 08.07.2005), polo que se regula o réxime da taxa láctea, establece un novo marco de asignación de funcións entre as autoridades competentes das Comunidades Autónomas e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

De acordo con ese novo marco, os órganos competentes das Comunidades Autónomas serán a autoridade responsable en todo o relativo á xestión e control do réxime respecto dos produtores e dos compradores e operadores do sector nos que a explotación ou a sede social, respectivamente, se atope no seu ámbito territorial, unha vez transcorrido un período transitorio que rematou coa campaña 2006/2007.

Así mesmo, o Decreto 158/2007, do 21 de xuño (pdf, 596 Kb), polo que se regula en Galicia a aplicación do réxime da taxa láctea, establece no seu artigo 3 que a autoridade competente na aplicación deste réxime nesta Comunidade Autónoma será o Director do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

Nesta páxina móstrase información sobre a taxa láctea en xeral, sobre as obrigas que teñen productores e compradores de leite no marco deste réxime, sobre a normativa reguladora do mesmo, relación de compradores e operadores do sector autorizados, ofrecendo ademais a posibilidade de acceso á aplicación SITALAC GALICIA que lles permite aos compradores cumprir as obrigas de declaracións previstas no réxime da taxa.

As consultas, comunicacións e documentación en xeral que produtores, compradores e axentes do sector con sede en Galicia deban presentar en relación co réxime da taxa láctea deberá dirixilas polo medio máis axeitado a:

Fondo Galego de Garantía Agraria
Servizo de Apoio ao Sector Lácteo e Mercados Agrícolas.
Rúa dos Irmandiños, s/n
Salgueiriños 15.781
Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 546 284, 981 546 264, 981 546 206, 981 546 281
Fax: 981 546 268
Correo electrónico: sim.foggaping@xuntapong.es

Relación de compradores autorizados

Relación de operadores do sector