Vostede está aquí

Obrigas dos compradores

  • Altas e Baixas de produtores: na contabilidade material e ao FOGGA.
  • Documentación das compras: Identificación de cada entrega, folla de ruta, tíquet de báscula...
  • Contabilidade das compras.
  • Facturación e pagamento das compras.
  • Declaración de compras e vendas . Con periodicidade:
    • Anual: Entre o período comprendido entre o 1 de abril e o 14 de maio os compradores deberán realizar as seguintes declaracións:
      • Declaración anual de balances que recolla o leite entregado e o importe aboado a cada produtor. Compradores comercializadores e transformadores.
      • Unha declaración con todas as compravendas de leite e produtos lácteos realizadas a outros operadores. Compradores comercializadores e transformadores e industriais.
      • Unha declaración do uso do leite e produtos lácteos con indicación das existencias ao inicio e ao final de período e tamén das compras e vendas. Compradores transformadores e industriais.
    • Mensual: Dentro dos 20 primeiros días do mes seguinte:
      • Unha declaración con todas as compravendas de leite e produtos lácteos realizadas a outros operadores. Compradores comercializadores e transformadores e industriais.
      • Unha declaración coas entregas diarias realizadas aos produtores indicando o importe aboado por estas. Compradores comercializadores e transformadores.