Vostede está aquí

Definicións

Comprador, distínguense os catro seguintes:

  1. Comprador comercializador: o comprador autorizado que compra leite unicamente a produtores para a súa posterior venda exclusivamente a compradores transformadores, operadores loxísticos e a industriais, e que só pode realizar simples operacións de almacenamento, transporte e refrixeración do leite.
  2. Comprador transformador: o comprador autorizado a comprar leite a produtores e a compradores comercializadores ou, de ser o caso, a outros compradores transformadores ou industriais para destinalo fundamentalmente ao seu tratamento ou para transformalo, xa sexa por métodos industriais ou artesanais, noutros produtos lácteos. Non se consideran tratamento nin transformación do leite as simples operacións de almacenamento, transporte e refrixeración.
  3. Comprador transformador artesán: o comprador transformador, de acordo coa definición establecida no punto 2 anterior, que en cada período adquire leite, como máximo, a 10 produtores, por unha cantidade total non superior a 600.000 quilogramos, incluído o adquirido a outros suxeitos distintos dos produtores.
  4. Operador loxístico: o comprador autorizado que lles compra leite a produtores e compradores comercializadores, para a súa venda exclusivamente aos industriais que pertencen ao seu mesmo grupo ou grupos de sociedades, de acordo co establecido no artigo 42 do Código de comercio e nos artigos 1 a 4 do Real decreto 1815/1991, do 20 de decembro, polo que se aproban as normas para a formulación de contas anuais consolidadas.

Industriais: as persoas físicas ou xurídicas que lles compran leite a compradores comercializadores ou, de ser o caso, a compradores transformadores para tratalo ou transformalo industrialmente en produtos lácteos ou noutros produtos. Non se consideran tratamento nin transformación industrial do leite as simples operacións de almacenamento, transporte e refrixeración.

Transportista: a persoa física ou xurídica que realice a actividade de transporte de leite ou produtos lácteos, xa sexa por conta propia ou allea.

Ligazóns de interese

SITALAC-FEGA

Relación de compradores autorizados

Relación de operadores autorizados