Vostede está aquí

Obrigas dos produtores

Produtor: o gandeiro, persoa física ou xurídica ou agrupación de persoas físicas ou xurídicas, coa explotación situada en Galicia e que produza e comercialice leite ou se prepare para facelo a moi curto prazo.

Explotación: o conxunto de unidades de produción xestionadas polo produtor e situadas en Galicia. Cada unidade de produción disporá do correspondente código de identificación de acordo co establecido no artigo 5 do Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o rexistro xeral de explotacións gandeiras.