Vostede está aquí

Definicións

Leite normalizado en graxa: o leite cunha cantidade de graxa de 36,37 g/kg.

Equivalentes en leite doutros produtos lácteos: a cantidade de leite normalizado en graxa necesario para a fabricación dunha unidade do produto lácteo de que se trate e que, para os efectos do decreto polo que se regula en Galicia a aplicación do réxime da taxa láctea, son as recollidas no anexo I do decreto.

Contido en graxa ou contido graxo do leite: a cantidade de materia graxa que forma parte da composición do leite, expresada en tanto por cento en peso, con dous decimais.

Contido representativo en graxa dun produto lácteo: a cantidade de materia graxa procedente de leite de vaca que forma parte do produto lácteo, expresada en tanto por cento en peso, con dous decimais.