Vostede está aquí

Liquidacións

O FEGA calculará, baseándose nas declaracións efectuadas polos compradores e os gandeiros de venda directa o balance de leite producido e comercializado no período en cómputo nacional e determinará, no seu caso, se existe rebordamento da cantidade de referencia nacional, e practicando a liquidación da taxa correspondente.

En caso de rebordamento:

  • Deducidas as compensacións previstas. O FEGA practicará a liquidación a todos os produtores polas cantidades percibidas, aplicando o tipo de gravame correspondente.
  • Nas liquidacións practicadas aos produtores quedarán reflectidos, se é o caso, os montantes retidos, minorándose nesa cantidade o importe debido.

Aos suxeitos pasivos obrigados ao pagamento seguintes practicaralles, se é o caso, a correspondente liquidación sen compensación ningunha:

a) Aos compradores autorizados, polas cantidades que adquiran aos produtores e non as declaren ou as declaren de forma inexacta.

b) Aos produtores, nos seguintes supostos:

  1. Por todo o leite producido e comercializado sen ter asignada cantidade de referencia individual.
  2. Por todo o leite vendido a compradores non autorizados.
  3. Por todo o leite non declarado por ningún comprador, cuxo destino non xustifiquen documentalmente.