Vostede está aquí

Retencións a conta

O Decreto 435/2009 (48 Kb), do 3 de decembro, polo que se modifica o Decreto 158/2007, do 21 de xuño, polo que se regula en Galicia a aplicación do réxime da taxa láctea vén a cambiar o réxime de retencións a conta segundo se informa a continuación:

Cando á vista das entregas acumuladas a 30 de novembro exista risco de que se supere a cantidade de referencia nacional o Ministro de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, a mais tardar o 15 de xaneiro seguinte, pode establecer que se practiquen retencións a conta polas cantidades entregadas durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo, sobre o pago da taxa láctea, por encima da cantidade de referencia individual que teña asignada.

Tamén se modifica a corrección das entregas por graxa así por cada 0,01% de diferencia positiva da graxa supón un factor de corrección das entregas de 0,0009 mentres que cando a diferenza sexa negativa se manten o factor de corrección de 0,0018.