A condicionalidade comprende una serie de obrigas relativas a:
- Medio Ambiente, cambio climático e boas condicións da terra .
- Saúde pública, sanidade animal e fitosanidade.
- Benestar animal .
Segundo o estipulado nos artigos 91, 92 e 93 do REGLAMENTO (UE) n.º 1306/2013 cando un beneficiario dos pagamentos directos da PAC, medidas de desenvolvemento rural (agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e zonas con limitacións naturais) e prima por restructuración e arrinca de viñedo , non cumpra con algunha das obrigas citadas no anterior parágrafo, verá reducidas as axudas percibidas ou por percibir correspondentes ao ano no que se produciu o incumprimento.
Segundo o estipulado no artigo 92 do citado Regulamento, os beneficiarios que participen no réxime para pequenos agricultores non terán que cumprir coas obrigas da condicionalidade.
Esta excepción non afecta aos beneficiarios das medidas de desenvolvemento rural e/ou da prima de reestruturación ou arrinca de viñedo, isto é, se a un beneficiario acollido ao réxime de pequenos agricultores, e que tamén sexa beneficiario dalgunha axuda de desenvolvemento rural e/ou da prima de restructuración de viñedo, ao que lle atope algún incumprimento da condicionalidade, verá reducidas estas últimas axudas, non aplicándoselle ningunha redución sobre o importe correspondente por pequeno agricultor.
As obrigas a cumprir diferéncianse en:
A continuación desenvolvemos todos os aspectos de control cos que debe cumprir unha explotación, en función das súas características, para que non se vexan reducidas as súas axudas.