vista_taboleiro
Presentación DECLARACIÓN RESPONSABLE AXUDAS MÍNIMIS subvencións estatais a explotacións OVINAS e CAPRINAS con dificultades de comercialización de años e cabritos motivado pola COVID-19
Publicada no DOG nº 165 do 17 de agosto de 2020 a ORDE do 6 de agosto de 2020 pola que se regula a concesión das subvencións estatais destinadas no exercicio 2020 ás explotacións ovinas e caprinas con dificultades de comercialización de años e cabritos, durante os meses de marzo e abril, como consecuencia das limitacións impostas polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e as súas prórrogas (código de procedemento MR242B).
1. A solicitude da axuda entenderase realizada pola presentación no ano 2020 da solicitude única regulada na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, dentro do prazo establecido para a presentación da dita solicitude.
2. As persoas solicitantes da liñas de ovino/cabrún deberán efectuar unha declaración responsable sobre se teñen concedidas axudas en réxime de minimis (Regulamento (UE) nº 1408/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola), neste ano e nos dous anteriores, segundo o modelo que figura no anexo desta orde, no prazo máximo de 10 días hábiles desde a entrada en vigor desta orde.
Xa está aberto o procedemento MR242B - Declaración expresa doutras axudas en réxime de mínimis e autorización ás entidades colaboradoras para a presentación desta declaración.
No enlace https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR242B
3. A remisión ao Fogga da declaración responsable prevista no número anterior deste artigo poderá efectuala a persoa interesada na concesión da axuda ou ben as entidades colaboradoras que teñan asinado un convenio de colaboración co Fogga para a tramitación da solicitude única das axudas da política agrícola común (PAC) e outras solicitudes relacionadas con esta. Neste caso, a persoa solicitante deberá autorizar a entidade colaboradora mediante a súa indicación na epígrafe correspondente da declaración responsable que figura no anexo desta orde.
4. A declaración responsable regulada nos números anteriores deste artigo deberá remitirse ao Fogga obrigatoriamente por medios electrónicos. A persoa asinante responsabilizarase da veracidade do documento que presente. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para verificar o contido da declaración responsable.
Para efectuar a comunicación desa declaración empregarase o formulario normalizado cuxo modelo se inclúe como anexo da orde, dispoñible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, accedendo ao procedemento MR242B.
No caso de que algunha das persoas interesadas presentase a súa declaración presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da documentación aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Publicación no DOG Ampliación Prazo Solicitudes PAC 2020
Coa publicación no DOG de hoxe 05/05/2020 da "Orde do 4 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control" , os prazos de presentación de solicitudes para a campaña 2020 quedan establecidos nas seguintes datas :
- O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2020, iníciase o 1 de febreiro e finalizará o día 15 de xuño, ambos incluídos.
- Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, os solicitantes poderán presentar solicitudes de modificación ata o día 30 de xuño.
- O prazo de presentación de solicitudes de modificación do Sixpac comezará o 1 de febreiro e rematará o 30 de xuño, ambos incluídos, para que as resolucións teñan efecto sobre as superficies validadas coa solicitude única do ano 2020.
- O período de comunicación das cesións de dereitos de pagamento básico iniciarase o 1 de novembro anterior ao inicio do prazo de solicitude e finalizará o 30 de xuño de 2020, ambos incluídos.
Publicación no BOE a Ampliación Prazo Solicitudes PAC 2020 ata o 15 de maio
Con data 21/03/2020 publicouse no BOE a "Orden APA/269/2020, de 19 de marzo, por la que se amplía el plazo de presentación de la solicitud única, para el año 2020, establecido en el artículo 95 del Real Decreto 1075/2014, de 19 de diciembre, sobre la aplicación a partir de 2015 de los pagos directos a la agricultura y a la ganadería y otros regímenes de ayuda, así como sobre la gestión y control de los pagos directos y de los pagos al desarrollo rural."
A ampliación do prazo é ata o 15 de maio de 2020, inclusive.
https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/21/pdfs/BOE-A-2020-3968.pdf
Cambios de referencias SIXPAC entre campañas 2019 e 2020
Xa está dispoñible para a campaña 2020 na url: https://fogga.xunta.gal/gl/sixpac/cambios-por-campana
a ferramenta que permite:
- a consulta de cambios nas referencias SIXPAC entre a campaña 2020 e 2019.
- a descarga dun arquivo coas referencias SIXPAC para un concello ou polígono completo (formato CSV).
Información das Apps SGA para dispositivos móbiles.
Dende a campaña 2020 están dispoñibles para a descarga gratuita, nas tendas de Google e Apple, dúas novas apps móbiles destinadas ás persoas titulares da PAC : Sga@pp e SgaFot.
A aplicación Sga@pp permite a consulta do estado dos seus expediente (axudas solicitadas, parcelas agrícolas, pagamentos, etc.)
A apliación SgaFot permite realizar fotografías referenciadas e achegalas automáticamente a diversos trámites administrativos derivados da PAC.
Para autenticarse nas apps deberá seleccionar a comunidade autónoma de Galicia e introducir o seu NIF e o código Codigo de Autorización (CIP) comunicado na carta de inicio da campaña.
Enlace a videotutorias das aplicacións:
Os manuais destas apps, pode descargalos nos seguintes enlaces:
Adjunto Tamaño Manual usuario SgaApp
2.91 MB Manual usuario SgaFot
1.69 MB
26/11/2019. Publicación de varias Resolucións do FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA
Con data 26/11/2019 foron publicadas no DOG as seguintes resolucións do Fogga:
Lembrar que pode accederse a todas as resolucións a través do enlace https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac.
A información detallada das resolucións das distintas liñas de axudas pode ser consultada individualmente por cada solicitante accedendo ao seu Expediente Electrónico no Portal de axudas PAC
Aberto o prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2020, iniciarase o 1 de febreiro e rematará o día 15 de maio ambos inclusive.