grupo de pestanasVacas nutricesPrimas a productores con vacas nodrizas Vacas nutrices - menu vertical GL Solapas verticais ObxectivosObjetivos Manter a renda dos produtores de carne de vacún concedendo unha axuda por cada vaca de cría ou vaca nutriz e cumprindo os requisitos produtivos establecidos. Beneficiarios y requisitosPoderá solicitar esta axuda o titular dunha explotación agraria que: a) Sexa posuidor dun rabaño de femias de gando bovino (vacas e xovencas), de razas cárnicas. A diferenza entre vaca e xovenca atópase no feito de ter parido ou non. Segundo isto xovenca defínese como o bovino femia a partir de 8 meses que non pariu. Ata que o bovino femia teña descendencia será considerado como xovenca. b) É condición indispensable para o solicitante da axuda dispor de dereitos individuais de prima. Estes dereitos limitarán o cobro da prima, como máximo, ao número de dereitos que teña asignado o produtor. Non é preciso indicar o número de animais polos que se solicita. A prima concederase polos animais elexibles que cumpran o período de retención ata os dereitos asignados ao produtor. Para equilibrar dereitos e animais pódense realizar transferencias e cesións que tramitan as Oficinas Agrarias Comarcais. Un produtor que o día da presentación da solicitude non teña dereitos asignados pode resultar beneficiario desta axuda, xa que pode estar en trámite unha transferencia de dereitos ou ter un recurso pendente de resolución. c) O produtor ten que declarar se ten cota de leite asignada. Se ten cota asignada (venda directa ou entrega a compradores), non pode ser superior a 120.000 kg na data 31 de marzo. Debe declarar tamén o censo real de vacas frisonas maiores de 2 anos que ten na explotación o día da solicitude. O produtor comprométese a non incrementar a súa cota láctea por riba dos 120.000 kg nos doce meses seguintes á presentación da solicitude. d) Debe manter un número mínimo de vacas máis xovencas igual ou superior a aquel polo que solicita a prima durante seis meses contados a partir do día seguinte á data de presentación da solicitude. e) Un mínimo do 60% dos animais polos que se solicita prima deben ser vacas nutrices e o número de xovencas non pode superar o 40%. f) Presentar a correspondente solicitude de axuda: solicitar nos lugares e prazos establecidos, presentando a documentación prevista nos modelos de solicitude. Importe de las ayudasImporte de las ayudas As primas que perciben os produtores resulta da suma de dous conceptos: a) Prima comunitaria. É a prima base que se aboará a todos os solicitantes con dereito a cobro da prima por vaca nutriz. b) Prima nacional complementaria. É un complemento tamén financiado polo FEAGA e os seus beneficiarios poderán ser todos os solicitantes do apartado anterior. Os importes máximos unitarios son os seguintes: Importes máximos unitarios Importe unitario máximo (por cabeza primable) Prima comunitaria 186 euros Prima nacional 22,46 euros O prazo para efectuar o pagamento da prima vai do 1 de decembro do ano da solicitude ata o 30 de xuño do ano seguinte. Porén, poderase realizar un anticipo, por un máximo do 60% do importe da prima comunitaria, a partir do 16 de outubro do ano da solicitude.
Vacas nutrices - menu vertical GL Solapas verticais ObxectivosObjetivos Manter a renda dos produtores de carne de vacún concedendo unha axuda por cada vaca de cría ou vaca nutriz e cumprindo os requisitos produtivos establecidos. Beneficiarios y requisitosPoderá solicitar esta axuda o titular dunha explotación agraria que: a) Sexa posuidor dun rabaño de femias de gando bovino (vacas e xovencas), de razas cárnicas. A diferenza entre vaca e xovenca atópase no feito de ter parido ou non. Segundo isto xovenca defínese como o bovino femia a partir de 8 meses que non pariu. Ata que o bovino femia teña descendencia será considerado como xovenca. b) É condición indispensable para o solicitante da axuda dispor de dereitos individuais de prima. Estes dereitos limitarán o cobro da prima, como máximo, ao número de dereitos que teña asignado o produtor. Non é preciso indicar o número de animais polos que se solicita. A prima concederase polos animais elexibles que cumpran o período de retención ata os dereitos asignados ao produtor. Para equilibrar dereitos e animais pódense realizar transferencias e cesións que tramitan as Oficinas Agrarias Comarcais. Un produtor que o día da presentación da solicitude non teña dereitos asignados pode resultar beneficiario desta axuda, xa que pode estar en trámite unha transferencia de dereitos ou ter un recurso pendente de resolución. c) O produtor ten que declarar se ten cota de leite asignada. Se ten cota asignada (venda directa ou entrega a compradores), non pode ser superior a 120.000 kg na data 31 de marzo. Debe declarar tamén o censo real de vacas frisonas maiores de 2 anos que ten na explotación o día da solicitude. O produtor comprométese a non incrementar a súa cota láctea por riba dos 120.000 kg nos doce meses seguintes á presentación da solicitude. d) Debe manter un número mínimo de vacas máis xovencas igual ou superior a aquel polo que solicita a prima durante seis meses contados a partir do día seguinte á data de presentación da solicitude. e) Un mínimo do 60% dos animais polos que se solicita prima deben ser vacas nutrices e o número de xovencas non pode superar o 40%. f) Presentar a correspondente solicitude de axuda: solicitar nos lugares e prazos establecidos, presentando a documentación prevista nos modelos de solicitude. Importe de las ayudasImporte de las ayudas As primas que perciben os produtores resulta da suma de dous conceptos: a) Prima comunitaria. É a prima base que se aboará a todos os solicitantes con dereito a cobro da prima por vaca nutriz. b) Prima nacional complementaria. É un complemento tamén financiado polo FEAGA e os seus beneficiarios poderán ser todos os solicitantes do apartado anterior. Os importes máximos unitarios son os seguintes: Importes máximos unitarios Importe unitario máximo (por cabeza primable) Prima comunitaria 186 euros Prima nacional 22,46 euros O prazo para efectuar o pagamento da prima vai do 1 de decembro do ano da solicitude ata o 30 de xuño do ano seguinte. Porén, poderase realizar un anticipo, por un máximo do 60% do importe da prima comunitaria, a partir do 16 de outubro do ano da solicitude.