Vostede está aquí
Resultados técnico-económicos
-
Resultados técnico-económicos das explotacións de vacún de leite de Galicia
-
Rengrati
- O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente tutela o proxecto Rengrati (Rede de granxas típicas), que consiste en configurar e dispoñer dunhas redes permanentes de información técnico-económica de vacún de leite en España. Para iso, estableceuse unha infraestrutura ou rede de institucións e persoas que achegan información, tales como as principais asociacións de produtores, investigadores, asesores, produtores e administracións relacionadas. A elaboración deste Boletín comezou en 2009 e a súa misión non é avaliar a situación económica dun sector determinado, senón realizar o seguimento do comportamento de determinadas granxas típicas da Rede, mediante a análise dunha serie de variables e duns puntos de equilibrio.
-
EDF
- A European Dairy Farmers (EDF) é unha rede dos principais produtores de leite para o intercambio de experiencias e coñecementos.
-
RICA
- A Rede de Información Contable Agrícola (RICA) é un instrumento para a avaliación dos ingresos das explotacións agrícolas e os impactos da política agrícola común.
-
IFCN
- A IFCN é unha rede mundial de investigadores lácteos en relación coas empresas e outras partes interesadas da cadea láctea.