Solicitude Unificada 2014
Para facilitar aos agricultores a tramitación das axudas no ano 2014,
inclúense nunha soa Solicitude Unificada varias axudas directas da PAC
baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de
gando, a indemnización compensatoria e outras axudas previstas no Contrato
de Explotación Sustentable unificando tamén o período de
solicitude.
As axudas que se inclúen na Solicitude Unificada de axudas PAC 2014 son:
- Solicitude de axuda do réxime do
pagamento único
- Solicitude de dereitos da reserva nacional do RPU.
- Solicitude de axuda específica Programa Nacional para a calidade das legumes. Art. 68 R(CE) 73/2009.
- Solicitudes de prima por vacas nutrices. Art. 111 R(CE) 73/2009
- Solicitude de axuda específica para a mellora da calidade da carne de vacún . Art. 68 R (CE) 73/2009
- Solicitudes de axuda específica para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores que manteñen vacas nutrices Art.68 R(CE) 73/2009.
- Solicitudes de axuda específica para a mellora da calidade das producións de ovino-cabrún Art. 68 R (CE) 73/2009
- Solicitudes de axuda específica para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector ovino Art.68 R(CE) 73/2009
- Solicitudes de axuda específica para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector cabrún Art.68 R(CE) 73/2009
- Solicitudes de axuda específica para compensar desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector vacún de leite Art.68 R(CE) 73/2009
- Solicitudes de axuda específica para a mellora da calidade do leite e os produtos lácteos. Art 68 R(CE) 73/2009
- Axudas integradas no Contrato de Explotación Sustentable:
- Axudas agroambientais
- Axudas relativas ao benestar dos animais
- Indemnización compensatoria
En relación coas axudas incluídas no Contrato de Explotación Sustentábel, os agricultores deberán utilizar os servizos dunha entidade de aconsellamento ou de xestión, recoñecida oficialmente pola Consellaría do Medio Rural e do Mar.
Entidades colaboradoras 2014 (63 Kb)
Na campaña 2014 pódese tramitar a Solicitude Unificada por calquera
dos seguintes procedementos:
- Utilizando os modelos
de solicitudes impresos en papel correspondentes a cada tipo de axuda
a solicitar, presentando a solicitude nas Oficinas Agrarias Comarcais ou
en calquera dos sistemas de presentación previstos no artigo 38.4
da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións
Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
- Se o agricultor dispón de certificado dixital da Fábrica
Nacional da Moeda e Timbre, utilizando o rexistro telemático e a aplicación
WEBPAC 2014.
- Se o agricultor non dispón de certificado dixital da Fábrica
Nacional da Moeda e Timbre, coa participación dunha entidade
colaboradora que teña asinado un convenio co FOGGA e achegando
o seu CIF/NIF/NIE e a clave persoal facilitada a cada agricultor polo FOGGA,
utilizando a aplicación WEBPAC 2014 e o rexistro telemático.
Acceso á aplicación
WEBPAC
Manual Entidades Colaboradoras Axudas PAC - DR 2014 (13 Mb)
Manual
do usuario da aplicación WEBPAC 2014 (1 Mb)