grupo de pestanas
Xestión de dereitos de pagamento único - Reserva nacional - GL
grupo de pestanas
Reserva nacional
Solicitantes da Reserva NacionalPoderán acceder aos dereitos da reserva nacional do réxime de pago único:
- Agricultores lexitimados para recibir dereitos de axuda ou para aumentar o valor dos dereitos que xa teñen, por resolución de sentenzas xudiciais firmes ou actos administrativos firmes e resoltos favorables.
- Agricultores mozos que realizaran a súa primeira instalación no ámbito dun programa de Desenvolvemento Rural establecido en base ao Regulamento 1698/2005 incorporándose nalgún dos sectores, con excepción do de produción de sementes, do anexo VI do Regulamento (CE) nº 1782/2003, e que non recibiran dereitos da Reserva Nacional en campañas anteriores.
- Agricultores mozos que recibiran dereitos da Reserva Nacional na asignación inmediatamente anterior e presentaran con posterioridade a dita solicitude, solicitudes de axuda por sacrificio ou solicitude de axuda de pagamentos adicionais de vacún de carne de calidade.
- Agricultores con explotacións situadas en zonas suxeitas a programas
de reestruturación ou desenvolvemento relacionados con algún tipo
de intervención pública, que teña por obxectivo evitar o
abandono de terras ou compensar as desvantaxes específicas para agricultores
de ditas zonas:
- Beneficiarios da Reserva Nacional de cota láctea.
- Beneficiarios da Reserva Nacional de dereitos de prima de ovino–cabrún.
- Concentracións parcelarias.
- Transformacións en regadío.
Reserva nacional
Requisitos xerais de acceso para todos os casos- O solicitante ten que ser agricultor “en activo” no momento da solicitude, e no seu caso, en campañas anteriores.
- As unidades de produción polas que se solicitan dereitos á Reserva Nacional, deben continuar en poder do solicitante no momento de presentar a solicitude única 2009 e polo tanto deben figurar na mesma; ademais de corresponderse con algún dos sectores indicados no anexo VI do R (CE) nº 1782/2003. E se os dereitos solicitados á Reserva Nacional están baseados en sectores agrícolas (superficies), as superficies cultivadas deberán de cumprir os criterios de admisibilidade a efectos do Pagamento Único.
- Facer declaración de superficies na PAC 2009; tendo en conta que se o solicitante xa ten asignación de dereitos deberá declarar superficie suficiente para cubrir os dereitos xa asignados e os posibles que se lle asignen da Reserva Nacional 2009.
Agricultor lexitimado para recibir dereitos de axuda ou para aumentar o valor dos dereitos que xa ten, por resolución de sentenzas xudiciais firmes ou actos administrativos firmes e resoltos favorables.
Ten que existir unha sentenza ou acto administrativo que implique a asignación ou o incremento de importes para as unidades de produción e os pagamentos do período de referencia ou de asignacións posteriores procedentes da Reserva Nacional (Recurso resolto favorablemente e non tido en conta na actualización da asignación de dereitos de pagamento único en base á admisión, á asignación inicial de dereitos, ao beneficio inesperado, á asignación ou non asignación de dereitos da Reserva Nacional de campañas anteriores).
Agricultores mozos que realizaran a súa primeira instalación no ámbito dun programa de Desenvolvemento Rural establecido en base ao Regulamento 1698/2005 incorporándose nalgún dos sectores, con excepción do de produción de sementes, do anexo VI do Regulamento (CE) nº 1782/2003, e que non recibiran dereitos da Reserva Nacional en campañas anteriores.
- O solicitante non pode ter solicitude de axudas nas cinco campañas anteriores á incorporación á actividade agraria; nin individualmente nin formando parte dunha sociedade.
- O solicitante non pode ter asignación de dereitos nin importes da Reserva Nacional, por ser agricultor mozo en anteriores asignacións.
- No caso de sociedades, todos os socios deben cumprir os requisitos anteriores.
- O solicitante tivo que iniciar a actividade despois do 31/12/2002, ou en 2002, pero sen recibir axudas directas ese ano, e antes da data de inicio do prazo de presentación da solicitude da reserva.
- O solicitante acreditará ter aprobado o inicio de actividade agraria dentro dun Programa de Desenvolvemento Rural.
- Ter a titularidade ou cotitularidade dunha explotación agraria en propiedade ou arrendamento, pola que vai a solicitude á Reserva Nacional dentro da solicitude única.
- Estar dado de alta na Seguridade Social na actividade agraria, a partir da súa primeira instalación e, en todo caso, na data de finalización da presentación da solicitude á Reserva Nacional 2009.
- O cónxuxe do solicitante non pode estar incorporado á actividade agraria, e se o estivese, deberán xustificar que están en réxime de bens gananciais na data da solicitude á Reserva Nacional.
- Ter solicitude á Reserva Nacional na campaña anterior.
- Ter presentado a solicitude de sacrificio de gando vacún na campaña anterior á da solicitude actual de dereitos da reserva nacional, que por datas de presentación sexan posteriores á data de finalización da solicitude única da campaña anterior e non fora tido en conta no cálculo dos dereitos da reserva en dita campaña.
- O solicitante non pode ter asignación da Reserva Nacional polo mesmo motivo en anteriores asignacións de dereitos de pagamento único da reserva nacional sobre as unidades de produción polas que solicita a nova asignación de dereitos á Reserva Nacional da campaña 2009.
- O solicitante debe xustificar calquera dos seguintes programas de reestruturación
seguintes:
- Beneficiarios da Reserva Nacional de cota láctea
- O solicitante ten que ter adquirido cota da Reserva Nacional de cotas na campaña 2006-2007.
- Beneficiarios da Reserva Nacional de dereitos de prima de ovino–cabrún
- O solicitante ten que ter asignación de dereitos de prima en campañas anteriores.
- Concentracións parcelarias
- O solicitante ten que ter máis dereitos asignados inicialmente que superficie declarada, pero esa diminución de superficie non pode superar o 50% dos dereitos asignados.
- Transformacións en regadío
- Beneficiarios da Reserva Nacional de cota láctea
Reserva nacional
Solicitudes
Deberase solicitar á Reserva Nacional, xunto coa solicitude
unificada nos lugares
e prazos establecidos, presentando a documentación prevista nos modelos
de solicitude.
Asignación 2014
- RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2016 pola que se comunica a resolución de asignación de dereitos de pagamento único solicitada ao abeiro da Orde do 18 de febreiro de 2014.
- RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2016 pola que se comunica a resolución de denegación de asignación de dereitos de pagamento único solicitada ao abeiro da Orde do 18 de febreiro de 2014.