Pagos directos
En 2016, o conxunto de axudas directas da PAC xestiónase no marco da ORDE do 29 de xaneiro de 2016 (2.6 Mb) pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.
Asignación de dereitos do réxime do pagamento básico
RESOLUCIÓN COMPLEMENTARIA do FEGA pola que se ASIGNAN DEREITOS DE PAGO BÁSICO PROCEDENTES DA RESERVA NACIONAL da campaña 2016
RESOLUCIÓN complementaria do FEGA pola que se denegan determinadas solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional correspondente á campaña 2016.
RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2018 pola que se denegan determinadas solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional correspondente á campaña 2016, solicitadas ao abeiro da Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.
Relación provisional de pequenos agricultores
De acordo ao artigo 86 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, sobre a aplicación a partir de 2015 dos pagos directos á agricultura e á gandería e outros réximes de axuda, así como sobre a xestión e control dos pagos directos e dos pagos ao desenvolvemento rural, os agricultores que en 2015 posúan dereitos de pago básico, en propiedade, usufruto ou en arrendamento e o seu importe total de pagos directos a percibir sexa inferior a 1.250 euros quedarán incluídos automaticamente pola autoridade competente no réxime.
Unha vez realizado o cálculo provisional das axudas solicitadas de acordo ao establecido na Orde do 10 de marzo de 2015 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, se establece que os agricultores indicados a continuación non superan os 1.250 euros de importe total de pagos directos a percibir e quedan identificados de forma provisional como Pequeno Agricultor.
Relación de pequenos agricultores (415 Kb)
A información relativa aos importes estimados poderá consultarse a través da Oficina Agraria Virtual,utilizando o PIN , ou na seguinte web: www.fega.es
A participación no Réxime de Pequenos Agricultores ten as seguintes vantaxes:
- Quedará exento de aplicar as prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente.
- O importe dos pagos directos non se verá reducido pola a aplicación da condicionalidade.
- A partir de 2016 non deberá cumprir cos requisitos para a súa determinación como agricultor activo, excepto no referente a estar inscrito nos rexistros (os que as autoridades competentes teñan dispostos en base ao artigo 6 do Regulamento 852/2004), no momento da súa solicitude.
- Non se lle aplicarán as sancións previstas por declaración incompleta das superficies de todas as parcelas da explotación na solicitude única.
- En sucesivas campañas a partir de 2015, a súa solicitude única consistirá unicamente nunha confirmación anual para poder recibir devandito pago.
O importe total de pagos que finalmente se lle calcule, será o total para percibir para a campaña e substituirá aos que deban concederse de conformidade co réxime de Pago Básico ou mediante outras axudas desacopladas e acopladas. Este importe será o mesmo sempre que permaneza adscrito ao réxime de Pequenos Agricultores.
Durante a participación no réxime de Pequenos Agricultores deberá manter o número de hectáreas admisibles correspondente ao número de dereitos activados no ano 2015 e estes consideraranse dereitos activados para todo o período de participación no devandito réxime.
En caso de non querer participar no réxime de Pequenos Agricultores deberá notificar a súa decisión ante a Autoridade Competente durante o período de presentación da solicitude única, implicando dita renuncia non poder volver solicitar a súa inclusión no mesmo.