Vostede está aquí

Organización

Organigrama

  1. Secretaría do FOGGA
  1. Subdirección Xeral de Xestión da PAC
  2. Servizo de Auditoría Interna dos Fondos Agrarios Europeos
  3. Servizos Territoriais do FOGGA


1. Secretaría do FOGGA

Para o exercicio das súas funcións, a secretaría do Fogga estrutúrase nas seguintes unidades:

  • Servizo de Xestión Económica, o cal lle corresponderá a xestión do orzamento do organismo, da súa tesouraría e da contabilidade, así como a execución e contabilización de todos os pagamentos e o rexistro das operacións con cargo aos fondos europeos agrarios Feaga e Feader. Así mesmo, compételle a xestión da contratación administrativa do Fogga.
  • Servizo de Xestión Administrativa, que prestará apoio e asesoramento a todas as unidades do organismo e, particularmente, en materia de fondos agrarios europeos. Corresponderalle a instrución de expedientes sancionadores e recursos administrativos e dos procedementos de recuperación de débedas, incluído o seguimento, control e devolución das débedas constatadas polo organismo pagador; a xestión do inventario do Fogga e do seu patrimonio, a elaboración de anteproxectos normativos e de plans e programas de actuación do Fogga, así como a xestión do persoal, tanto funcionario como laboral, adscrito ao organismo e do seu réxime interior e control interno.


2. Subdirección Xeral de Xestión da PAC

Correspóndelle a esta Subdirección, baixo a dependencia da persoa directora do organismo, a realización das funcións necesarias para a aplicación da política agraria común no eido agrícola e gandeiro, respecto das axudas directas; as medidas de intervención e regulación de mercados da organización común de mercados agrarios e o relativo ás axudas á renda das persoas agricultoras no marco do programa de desenvolvemento rural.

Para o desenvolvemento das súas funcións, esta subdirección xeral estrutúrase nas seguintes unidades:

  • Servizo de Axudas Agrícolas da PAC, ao cal lle compete o exercicio das accións necesarias para a aplicación en Galicia da PAC en materia agrícola, especialmente os réximes de axudas directas a persoas agricultoras baseados en superficies, con cargo ao Fondo Europeo Agrario de Garantía (Feaga).
  • Servizo de Axudas Gandeiras da PAC, ao cal lle corresponde o exercicio das accións necesarias para a aplicación en Galicia da PAC en materia gandeira, especialmente os réximes de axudas directas a persoas agricultoras baseados na gandaría, con cargo ao Fondo Europeo Agrario de Garantía (Feaga), así como a xestión dos dereitos de axudas.
  • Servizo de Axudas Complementarias, ao cal lle corresponde a xestión das axudas á renda das persoas titulares das explotacións agrarias no marco dos programas de desenvolvemento rural, e das medidas en relación coa mellora do ambiente e do contorno rural para a utilización sustentable das terras agrícolas, principalmente indemnizacións por dificultades naturais, axudas agroambientais e axudas ao benestar dos animais.
  • Servizo de Apoio ao Sector Lácteo e Mercados Agrícolas, que terá como funcións todas as operacións relacionadas cos produtos en réxime de intervención, así como a xestión doutras medidas derivadas da aplicación da organización común de mercados agrarios, e en particular as correspondentes ao sector do leite e dos produtos lácteos.


3. Servizo de Auditoría Interna

Depende directamente da persoa directora do Fogga, e lle corresponderá asegurar o efectivo funcionamento do sistema de control interno do Fogga como organismo pagador dos gastos relacionados coa política agrícola común, así como dos demais órganos ou entes integrados no organismo pagador ou que xestionen fondos europeos agrarios Feaga e Feader, verificando se os procedementos adoptados por aqueles son axeitados e asegurando a súa conformidade coa regulamentación comunitaria, e que a contabilidade é precisa, completa e realizada a tempo, ademais de informar os órganos de dirección do organismo pagador e de pór os seus programas e informes de control á disposición do organismo de certificación e doutros órganos de inspección e control da Unión Europea.


4. Servizos territoriais do Fogga

Nos departamentos territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra existirá un servizo territorial do Fogga, que dependerá organicamente dos departamentos territoriais e funcionalmente da dirección do organis