Vostede está aquí

SIXPAC

O Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) é o sistema de identificación de parcelas agrarias a efectos da xestión e control dos réximes de axuda baseados en superficies. A súa utilización é obrigatoria en España para realizar as solicitudes de axudas directas da PAC e das de desenvolvemento rural que, no marco do Sistema integrado de xestión e control, estean baseadas na declaración de superficies.

A finalidade principal desta páxina é facilitar a información do SIXPAC aos agricultores solicitantes deses réximes de axuda, para que indiquen a localización das superficies da súa explotación que poden ser obxecto de subvención, así como facilitarlles a presentación de solicitudes de cambio de datos relativos a usos do solo contidos no sistema.

O capítulo II do título V do Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Consello do 17 de decembro, que regula o Sistema integrado de xestión e control (SIXC) aplicable a determinados réximes de axudas comunitarios,indicaque o sistema de identificación de parcelas agrarias, que forma parte do mesmo, se establecerá a partir de mapas, documentos catastrais ou outras referencias cartográficas, utilizando técnicas dos sistemas informáticos de información xeográfica, incluídas as ortoimaxes aéreas ou espaciais. Esta obriga está recollida, así mesmo, no título VI do Real decreto 1075/2014 do 19 de decembro,relativo ao Sistema integrado de xestión e control, cuxo capítulo I establecea Solicitude única de axudas como medio para que o beneficiario poida presentar, anualmente, a súa solicitude para todos os réximes de axudas da PAC,tanto axudas directas como de desenvolvemento rural, baseadas en superficies que considere. En España, o Real decreto 1077/2014, tamén do 19 de decembro de 2014, constitúe a normativa pola que se regula o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, establecendo as normas de aplicación en España do Sixpace a súa utilización como instrumento de xestión no marco do Sistema integrado de xestión e control para os réximes de axuda relacionados coa superficie nas solicitudes de axudas da política agrícola común (PAC)

A Orde do 24 de xaneiro de 2005 (pdf, 167 Kb),da entón denominada Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (actual Consellería do Medio Rural), pola que se regulaban determinadas axudas directas da PAC nese ano, estableceu tamén no seu Capítulo II, as normas de aplicación do SIXPAC en Galicia. En concreto, no seu artigo 12, indícase que "a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, a través do FOGGA, é a responsable da explotación e mantemento do SIXPAC en Galicia".

Ligazóns de interese: