vista_taboleiro
12/04/2018. Apertura do prazo da convocatoria para a presentación das axudas para o pagamento por compromisos silvoambientais e climáticos e de conservación de bosques.
O mércores 11 de abril de 2018, foi publicada no DOG a ORDE do 3 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2018 das axudas para o pagamento por compromisos silvoambientais e climáticos e de conservación de bosques, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Actividades subvencionables:
1. Considéranse subvencionables as perdas de ingresos e custos adicionais derivados dos compromisos adquiridos en relación coas seguinte actividades:
a) Substitución de eucaliptos por frondosas (Quercus spp. e Betula alba).
b) Eliminación de eucaliptos en zonas de turbeira e queirogais húmidos.
Máis información en :
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MT805A
Indicacións para solicitar estas axudas a través da aplicación SgaCap:
1.Poñer a marca da axuda correspondente no impreso “Axudas PDR – PDR Galicia”
2.Declarar no impreso “Recintos” as parcelas polas que vai solicitar a axuda. Deberán ser declaradas co produto: “225. Eucalipto”
3.Indicar, no impreso: “Liñas de axuda /recintos” e para cada parcela, a liña específica da axuda solicitada .
4. Aportar a documentación específica necesaria para estas axudas no impreso “Documentación” no apartado “Outra documentación non definida no regulamento”.
Información impreso "Declaración responsable (Agricultor Activo)"
Instrucións para cumprimentar o impreso: “Declaración responsable (Agricultor Activo)”
As capturas de pantalla corresponden á versión 4.3.0 de SgaCap (12/03/2018)
Anexo Tamaño 20180312._instrucions_declaracion_responsable.pdf
832.41 KB
Parcelas agrícolas identificadas con referencias de Concentración Parcelaria 2018
As parcelas agrícolas que, de forma excepcional e para o ano natural 2018, terán que ser declaradas utilizando as referencias oficiais identificativas de concentración parcelaria (motivado por razóns da existencia de modificacións territoriais aínda non reflectidas no Sixpac) son as recollidas no documento anexo (Zonas CP 2018 Galicia).
Neste documento identifícanse en azul as zonas incorporadas por primeira vez na campaña 2018 e en vermello as eliminadas erróneamente (con respecto á campaña anterior) na publicación do DOG e que serán incorporadas de novo nunha corrección de erros da orde pendente de publicar.
Nos seguintes enlaces pódese consultar:
- Información de zonas de CP por municipio:
http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/infraestruturas/concentracions_parcelarias/buscador/
- Visor das zonas de CP:
http://mapas.xunta.gal/visores/parcelaria/
Anexo Tamaño Zonas CP 2018 Galicia
273.09 KB
Calculadora Pago Verde v2018
Folla de cálculo que permite aos agricultores comprobar se o seu plan de sementa para a campaña 2018 cumpre cos requisitos esixidos no pago verde.
Esta folla de cálculo ten caracter informativo. Os resultados obtidos con ela non poderán ser utilizados para xustificar errores de cálculo das superficies sementadas para o cumprimento do pagamento verde.
Enlace a Nota Técnica publicada polo FEGA referente ao "pagamento para os agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente"
http://www.fega.es/sites/default/files/files/ficha_3_180226.pdf
Anexo Tamaño Calculadora PV 2018
158 KB
Documentación Formación Tramitadores EECC PAC2018
Presentacións utilizadas nos cursos de formación para tramitadores de entidades colaboradoras
Anexo Tamaño Novidades na declaración de Superficies PAC 2018
96.91 KB Novidades Axudas PDR 2018
6.61 MB Aspectos Xerais. Curso Completo 2018
2.06 MB
NOTA TÉCNICA FEGA SOBRE A PROHIBICIÓN DO USO DE PRODUTOS FITOSANITARIOS EN SUPERFICIES DE INTERESE ECOLÓXICO
Nota técnica publicada polo FEGA na que se explica ao agricultor en que consiste a medida de prohibición do uso de produtos fitosanitarios en superficies de interese ecolóxico (SIE) que entrará en vigor na campaña 2018.
Na nota, ademais de explicar a prohibición, detállanse outros aspectos como son:
como vai aplicar en superficies de barbeito e cultivos fixadores de nitróxeno (CFN) declarados como SIE
duración da prohibición
método de control
explotacións exentas da medida
Consideracións Cambio de Período de Cultivo PAC 2017. Actualizado a 10/03/2017
Motivado pola variación con respecto a campañas anteriores do período principal de cultivo que pasa a ser do 15 de xaneiro ao 15 de abril, (Artigo 33 da ORDE do 31 de xaneiro de 2017 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control) é oportuno divulgar as aclaracións contidas no documento que se xunta.
Anexo Tamaño Consideracións Cultivos Período Principal
130.7 KB
Declaración de variedades de MILLO TRÁNSXENICO
Nas solicitudes con declaración de MILLO unicamente se debe declarar no campo de variedade “millo transxénico” cando o produtor declare que sementa algunha das variedades autorizadas que aparecen no ficheiro xunto.
Arquivos:Anexo Tamaño 16.04.19_variedades_autorizadas_millo_transxenico.xlsx
19.85 KB
Rexistro de solicitudes. Áreas de Envío de solicitudes en función do Concello.
Relación da área de envío por concello ao que se terán que remitir as solicitudes no momento de rexistralas telemáticamente.
Arquivos:Anexo Tamaño areas_de_envio_por_concello.pdf
17.47 KB