DECLARACIÓNS OBRIGATORIAS NO SECTOR VITIVINÍCOLA
Normativa de aplicación:
- O Real Decreto 739/2015, de 31 de xullo, sobre declaracións obrigatorias no sector vitivinícola, modificado polo Real Decreto 313/2016, contén a normativa básica en materia de declaracións obrigatorias necesaria para o desenvolvemento do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derogan os Regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007.
- Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia
DECLARACIÓN DE COLLEITA:
Persoas obrigadas a presentar a declaración: as persoas ou entidades viticultoras que comercialicen toda ou parte da súa colleita.
Persoas exentas de presentar a declaración: as persoas ou entidades viticultoras que non comercialicen ningunha parte da súa colleita.
Nº de declaracións: unha por cada provincia onde posúa superficie de viñedo en produción, utilizando un exemplar do anexo I.
Prazo: ata o 10 de decembro de cada ano.
Procedementos: MR441B e MR441C da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Os Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Protexidas dos Viños Galegos poden presentar a información das declaracións de colleita dos seus socios se asinan un convenio de colaboración co AGACAL e co FOGGA e obteñen a autorización dos seus viticultores para tal fin; para presentala deben empregar o procedemento MR441I.
DECLARACIÓN DE PRODUCIÓN E EXISTENCIAS DE VIÑO E/OU MOSTO:
Obriga de declarar e prazo de presentación:
- Almacenistas e produtores que nas 4 campañas anteriores tiveran unha produción media de viño e mosto maior ou igual a 1.000 hl, presentarán mensualmente a declaración por instalación, a máis tardar o día 20 de cada mes.
- Produtores que nas 4 campañas anteriores tiveran unha produción media de viño e mosto inferior a 1.000 hl, presentarán unha declaración por instalación nos meses de decembro e agosto, a máis tardar o día 20 deses meses.
Quedan dispensados de declarar:
- Os produtores que son colleiteiros exentos da presentación da declaración de colleita.
- Os produtores que obteñan nas súas instalacións, mediante vinificación de produtos comprados, unha cantidade de viño inferior a 10 hectolitros (1.000 litros), non destinada á comercialización.
- Os socios ou membros dunha adega cooperativa suxeita á obriga de presentar unha declaración, que entreguen toda a súa produción á devandita adega cooperativa. Poderán, non obstante, reservarse unha cantidade de viño inferior a 10 hectolitros (1.000 litros) destinado ao seu autoconsumo.
Procedemento: todos os obrigados a declarar teñen que declarar electronicamente os seus datos de existencias e produción na aplicación informática de declaracións no sector vitivinícola (INFOVI) que xestiona a Axencia de Información da Cadea Alimentaria (AICA):
https://servicio.mapama.gob.es/GestionInterna/Inicio.aao
INFORMACIÓN DOS PROVEDORES E XUSTIFICANTES DE COMPRA VENTA DE PRODUTOS
Obrigados: todos os obrigados a presentar a declaración de produción.
Nota: Se o produtor é adegueiro e elabora produtos soamente con uvas da súa produción, non é preciso que presente estes anexos, pois esa información xa figura na súa declaración de colleita.
Prazo: entre o 30 de novembro e o 10 de decembro.
Procedemento: MR441E da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
ELIMINACIÓN DE SUBPRODUCTOS OBTIDOS NA TRANSFORMACIÓN VINÍCOLA
Obrigados: todos os obrigados a presentar a declaración de produción que produzan mais de 50 hl de viño ou mosto.
Prazo: entre o 30 de novembro e o 10 de decembro.
Procedemento: MR441D da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
ALTAS, BAIXAS E MODIFICACIÓNS DA INFORMACIÓN DO REXISTRO XERAL DE OPERADORES DO SECTOR VITIVINICOLA (REOVI)
Para darse de alta ou baixa como operador do sector vinícola, así como para proceder á comunicación de modificación dalgún dos datos que constan no Rexistro de Operadores do sector vitivinícola regulado no Real decreto 739/2015 debe presentar unha solicitude para tal fin.
Procedemento: MR441H da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
DECLARACIÓN DE DESTINO DAS PRODUCIÓNS DE PLANTACIÓNS ILEGAIS
Obrigados: viticultores que obtivesen uvas de parcelas plantadas sen permiso da Administración e que non fosen regularizadas.
Prazo: ata o 10 de decembro de cada ano.
Procedemento: MR441G da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Para máis información e consulta de dúbidas, pode visitar a páxina web da AICA http://www.aica.gob.es/preguntas_frecuentes/declaraciones_vino
ou dirixirse ao Servizo Territorial do Fogga da provincia que lle corresponda:
Servizo Territorial do Fogga - Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 A Coruña.
Teléfono: 981 184 525
Fax: 981 184 559
Servizo Territorial do Fogga - Lugo
Ronda da Muralla,70. 2º andar
27071 Lugo.
Teléfono: 982 294 462
Fax: 982 294 411
Servizo Territorial do Fogga - Ourense
Rúa do Paseo, 22 – 1º.
32003 Ourense
Teléfono: 988 386 948
Fax: 988 386 940
Servizo Territorial do Fogga - Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º.
36071 Pontevedra
Teléfono: 986 805 455
Fax: 986 805 569