O Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) é o sistema de identificación de parcelas agrarias a efectos da xestión e control dos réximes de axuda baseados en superficies. A súa utilización é obrigatoria en España para realizar as solicitudes de axudas directas da PAC e das de desenvolvemento rural que, no marco do Sistema integrado de xestión e control, estean baseadas na declaración de superficies. A finalidade principal desta páxina é facilitar a información do SIXPAC aos agricultores solicitantes deses réximes de axuda, para que indiquen a localización das superficies da súa explotación que poden ser obxecto de subvención, así como facilitarlles a presentación de solicitudes de cambio de datos relativos a usos do solo contidos no sistema. En España, o Real decreto 1077/2014, tamén do 19 de decembro de 2014, constitúe a normativa pola que se regula o Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, establecendo as normas de aplicación en España do Sixpac e a súa utilización como instrumento de xestión no marco do Sistema integrado de xestión e control para os réximes de axuda relacionados coa superficie nas solicitudes de axudas da política agrícola común (PAC) A Orde do 24 de xaneiro de 2005 (pdf, 167 Kb),da entón denominada Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (actual Consellería do Medio Rural), pola que se regulaban determinadas axudas directas da PAC nese ano, estableceu tamén no seu Capítulo II, as normas de aplicación do SIXPAC en Galicia. En concreto, no seu artigo 12, indícase que "a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, a través do FOGGA, é a responsable da explotación e mantemento do SIXPAC en Galicia". Ligazóns de interese: SIGPAC FEGAOficina virtual do catastroVisor SIXPAC