Dereitos

Os dereitos da PAC forman parte do sistema de axuda básica, a través do cal os agricultores e gandeiros reciben uns dereitos de axuda. Estes calcúlanse segundo as axudas que recibiron nun determinado período de referencia, independentemente da súa produción no futuro.

Existen tres formas de obtelos: a través de asignación inicial, da reserva nacional ou mediante a cesión dos dereitos de pago básico.

Reserva Nacional

CONSTITUCIÓN DA RESERVA NACIONAL

  • Redución porcentual lineal da asignación financieira nacional: ata 3% en 2023 e, se fose necesario, completarase cun máximo do 1% en 2024.

  • Dereitos de axuda non utilizados durante dous anos consecutivos, salvo en casos de forza maior ou circunstancias excepcionais. No caso de dereitos asignados pola reserva nacional, non utilizados nunha soa campaña, durante as cinco primeiras campañas.

  • Dereitos de axuda voluntariamente cedidos polos agricultores.

  • Tódolos importes retidos por aplicación das porcentaxes deducidas como consecuencia das cesións de dereitos sen terras.

  • Os dereitos de axuda asignados de forma indebida, e recuperados.

CONDICIÓNS XERAIS APLICABLES AOS DEREITOS PROVINTES DA RESERVA NACIONAL

  • Os dereitos asignados pola reserva nacional non poderán ser cedidos no ano de asignación e nas catro campañas seguintes de cesións.

  • Os dereitos asignados por reserva nacional deberán ser utilizados en cada campaña, durante ese mesmo período de tempo. En caso de non ser utilizados nalgunha desas campañas, serán revertidos á reserva nacional. Inclúe tanto novos dereitos como aqueles dereitos cuxos importes se viron incrementados ata o valor medio rexional.

CATEGORÍAS DE ACCESO

  • Agricultores mozos.

  • Novos agricultores.

  • Agricultores lexitimados para recibir dereitos en base a sentenzas xudiciais firmes e actos administrativos definitivos.

  • Agricultores en desvantaxe: xefes de explotación, con hectáreas subvencionables á axuda básica á renda para a sostibilidade, que exercendo a actividade agraria dende 2015 ou antes, non participaron nunca do sistema de dereitos de pago.

  • Xefes de explotación que participen en programas de reestruturación, no marco dunha intervención pública legalmente regulada, cuxo obxectivo sexa evitar ou reverter o abandono de terras.

Cesión de dereitos

NOVIDADES

  • As cesións de dereitos sen terras terán unha peaxe do 30%.
  • As comunicacións de cesións de dereitos con terras que non acrediten documentalmente as superficies asimilaranse a cesións sen terras.
  • En xubilacións e incapacidades os dereitos poden transferirse a un familiar de ata o 3º grao.
  • Na tipoloxía de venta a un novo agricultor, debe cumprir o requisito de capacitación: mínimo de 150 horas lectivas (cursos ou seminarios recoñecidos pola autoridade competente ou plan 1º instalación, ou explotación prioritaria ou experiencia previa acreditada en xestión agraria, xa sexa como responsable, traballador ou colaborador nunha explotación familiar. Esta experiencia pode recoñecerse como formación para acceder a axudas de primeira instalación no rural.
  • Os dereitos procedentes da reserva nacional, non poderán cederse durante os cinco primeiros anos tras a súa asignación. Este requisito non se esixe aos dereitos da reserva nacional asignados antes de 2023.

REQUISITOS

  • Cedente non ten que ser agricultor activo.
  • Cesionario debe ser agricultor activo.

Manual de cesións de dereitos ABRS 2025