Almacenamento público Almacenamento privado Réxime do almacenamento público de manteiga A normativa comunitaria establece que o réximen de intervención pública poderá aplicarse á manteiga e que dito réximen estará aberto dende o 1 de febreiro ata o 30 de setembro. O réxime ábrese automaticamente e calquera axente económico establecido e rexistrado a efectos de IVE na Unión pode presentar unha oferta ou licitación O mecanismo de compra comeza a un prezo fixo para as cantidades establecidas. Si se superan ditas cantidades, ábrese as compras por licitación mediante un Regulamento específico da Comisión que fixará as condicións da citada licitación. A manteiga debe cumprir unha serie de requisitos de cantidade mínima, composición e características de calidade e debe fabricarse en empresas autorizadas para iso. Por outra banda, a saída do produto producirase principalmente a través da súa venda. Para tal fin, a Comisión abrirá un procedemento de licitación mediante un Regulamento específico que establecerá as condicións da citada licitación, incluíndo a constitución de garantía. Lexislación aplicable a intervención pública Regulamento (UE) no 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establece a organización común de mercados en produtos agrícolas e se derroga os Regulamentos (CEE) 922/72, (CEE) 234/79, (CE) 1037/2001 e (CE) 1037/2001 e (CE) 2012. Regulamento (UE) no 1370/2013 do Consello, do 16 de decembro de 2013, polo que se establecen medidas relativas á fixación de determinadas axudas e restitucións en relación coa organización común de mercados dos produtos agrícolas. Regulamento Delegado (UE) 2016/1238 da Comisión, do 18 de maio de 2016, polo que se complementa o Regulamento (UE) no 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello en materia de intervención pública e axudas ao almacenamento privado. Regulamento de execución (UE) 2016/1240 da Comisión, do 18 de maio de 2016, polo que se establecen normas detalladas de execución do Regulamento (UE) no 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire á intervención pública e ás axudas ao almacenamento privado. Regulamento Delegado (UE) 2022/127 da Comisión, do 7 de decembro de 2021, polo que se completa o Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello con normas relativas aos organismos pagadores e outros organismos, a xestión financeira, a liquidación de contas, as garantías e o uso do euro. Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas detalladas de execución do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre organismos pagadores e outros organismos, xestión financeira, liquidación de contas, controis, garantías e transparencia. Condicións xerais aplicables ás compras en rexime de intervención pública de manteiga (ano 2025) Axudas ao almacenamento privado de manteiga Normativa xeral de almacenamentos privados Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e derrogase os Regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº (CE) 1234/2007. Regulamento Delegado (UE) 2016/1238 da Comisión do 18 de maio de 2016, polo que se complementa o Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que atañe a intervención pública e a axuda ao almacenamento privado. Regulamento de execución (UE) 2016/1240 da Comisión do 18 de maio de 2016, polo que se establecen disposicións para a aplicación do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que atañe a intervención pública e a axudas ao almacenamento privado. Normativa específica dos últimos almacenamentos privados Regulamento de execución (UE) 2020/597 da Comisión do 30 de abril do 2020, polo que se conceden axudas para o almacenamento privado de manteiga e se fixa por anticipado o importe da axuda. Circular 9-2020. Almacenamento privado manteiga