Entre a información que pode ser consultada co visor SIXPAC destacan os elementos seguintes: As ortoimaxes aéreas: as actuais en Galicia teñen unha precisión equivalente a unha cartografía a escala 1/5.000 e foron obtidas durante o ano 2023. A división parcelaria: obtida a partir da existente no catastro de rústica, para a que o SIXPAC mantén as referencias numéricas de identificación existentes no catastro, indicando, así mesmo, a referencia catastral. No caso de parcelas do catastro de urbana, o parcelario do Sixpac non ten unha coincidencia exacta. Para a delimitación das parcelas agrícolas que no Sixpac corresponden a trozos de parcelas de urbana, que aínda non figuran como recintos independentes no SIXPAC, as persoas interesadas poden empregar a ferramenta de delimitación (Croquis) existente no visor SIXPAC. A división de cada parcela en partes (recintos) que teñen un uso SIXPAC (pdf, 9 Kb) distinto: a asignación de usos estables estableceuse por fotointerpretación das ortoimaxes aéreas e utilizando tamén outra información complementaria, como a dos controis sobre o terreo das solicitudes de axudas directas baseadas en superficie, as alegacións de cambios en SIXPAC presentadas cada campaña, e outras fontes anuais de información. As características alfanuméricas dos recintos: superficies oficiais no SIXPAC, pendente media, uso, Coeficiente de Subvencionalidade de pastos permanentes (CSP) e coeficiente de regadío, incidencias, Altitude media e coordenadas x,y do xeocentro do recinto Outras Capas de interese publicadas no Visor SIXPAC: Elementos da paisaxe, Pastos permanentes, Fitosanitarios, Lugares de Interese comunitario (LIC), Zonas de especial protección para aves (ZEPA), Humedais e turbeiras,Terrazas, Franxas de protección de cauces, Mapa forestal de España, etc.