Campaña actual

Para facilitar aos agricultores a tramitación das axudas no ano 2025, inclúense nunha soa Solicitude Unificada varias axudas directas da PAC baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando (pagamentos directos) así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control unificando tamén o período de solicitude.

As axudas que se inclúen na Solicitude Unificada de axudas PAC 2025 son:

  1. Axudas directas á agricultura e á gandaría:
    • Axuda básica á renda para a sustentabilidade (ABRS)
    • Axuda redistributiva complementaria á renda para a sustentabilidade
    • Axuda complementaria á renda para novos agricultores e agricultoras
    • Réximes en favor do clima, o medio ambiente e o benestar animal (ecorreximes):
      • Pastoreo extensivo.
      • Illas de biodiversidade ou sega sostible.
      • Rotación de cultivos con especies mellorantes.
      • Sementa directa.
      • Cuberta vexetal espontánea ou sementada.
      • Cuberta inerte.
      • Establecemento de illas de biodiversidade.
    • Axudas asociadas:
      • Axuda asociada para os gandeiros extensivos de vacún de carne
      • Axuda asociada para o engorde de tenreiros na explotación de nacemento.
      • Axuda asociada para o engorde sustentable de tenreiros.
      • Axuda asociada para a produción sustentable de leite de vaca.
      • Axuda asociada para os gandeiros extensivos e semiextensivos de ovino e caprino de carne.
      • Axuda asociada para a produción sustentable de leite de ovella e cabra.
      • Axuda asociada para gandeiros extensivos e semiextensivos de ovino e cabrún sen pastos que pastorean restrollos, barbeitos e restos hortofrutícolas.
      • Axuda asociada á produción sustentable de proteínas de orixe vexetal.
      • Axuda asociada ao oliveiral con dificultades específicas e alto valor medioambiental.
  2. As liñas de axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control son:
    • Axudas a zonas con limitacións naturais de montaña.
    • Axudas de agroambiente.
    • Axudas forestais

       

Orde PAC Solicitude de devolución voluntaria de axudas PAC Zonas de concentración parcelaria sen referencias SIXPAC Zonas de montaña e distintas de montaña Solicitude de declaración de outras axudas  Listado concellos excepcionados BCAM 5

En 2025, o conxunto de axudas directas da PAC xestiónase no marco da ORDE do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D). pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de Xestión e control.

A ORDE do 25 de febreiro de 2025 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, establece, no título III, as axudas de desenvolvemento rural no ámbito do SIXC seguintes:

  1. Pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas, do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020 (medida 13) (cofinanciadas nun 75% polo FEADER).

  2. Axudas a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (IU prima ZLN) (cofinanciadas nun 65 % co Feader)

  3. Axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (cofinanciadas nun 80 % co Feader)

    1. Intervención 65012 “Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de cultivos sostibles”:

      • Subintervención 65012.07: Leñosos

      • Subintervención 65012.04: Economía circular

    2. Intervención 65013 “Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sostible de pastos”:

      • Subintervención 65013.04: Extensificación de prados

      • Subintervención 65013.05: Extensificación pastos arbustivos e arborizados

      • Subintervención 65013.06: Convivencia co lobo

    3. Intervención 65014 “Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Apicultura para a biodiversidade”:

      • Subintervención 65014.01: Apicultura para a biodiversidade

    4. Intervención 6503 “Compromisos agroambientais en agricultura ecolóxica”:

      • Liña: Cultivos agrícolas ecolóxicos

        • Subintervención 6503.17: Conversión de cultivos agrícolas ecolóxicos.

        • Subintervención 6503.18: Mantemento de cultivos agrícolas ecolóxicos.

      • Liña: Viñedos para vinificación ecolóxica

        • Subintervención 6503.19: Conversión de viñedos para vinificación ecolóxica.

        • Subintervención 6503.20: Mantemento de viñedos para vinificación ecolóxica.

      • Liña: Gandería ecolóxica

        • Subintervención 6503.21: Conversión de gandería ecolóxica.

        • Subintervención 6503.22: Mantemento de gandería ecolóxica.

      • Liña: Apicultura ecolóxica
        Subintervención 6503.23: Conversión de apicultura ecolóxica.
        Subintervención 6503.24: Mantemento de apicultura ecolóxica..

    5. Intervención 65051 “Compromisos de conservación de recursos xenéticos SIGC”:

      • Subintervención 65051.01: Razas gandeiras autóctonas en risco de erosión xenética.

      • Subintervención 65051.02: Conservación de variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética.

Máis información no Portal "Nova PAC" da web do FOGGA.

O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2025, iniciarase o 6 de marzo e rematará o día 15 de maio ambos incluídos.

  • Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán modificar a solicitude ata o 31 de maio, incluído.

  • O prazo de presentación de solicitudes de modificación do SIXPAC comezará o 6 de marzo e rematará o 31 de maio, ambos incluídos.

  • O período de comunicación das cesións de dereitos de pagamento básico iniciarase o 6 de marzo e finalizará o 31 de maio, ambos incluídos.

As persoas que desexen obter algún dos pagamentos directos ou das axudas de desenvolvemento rural deberán presentar unha solicitude única.

A solicitude única presentarase na Comunidade Autónoma de Galicia dirixida á persoa titular da dirección do Fogga, cando a explotación estea situada completamente neste territorio ou se, estando situada en máis dunha comunidade autónoma, se atopa na Comunidade Autónoma de Galicia a maior parte da superficie agraria ou o maior número de animais, no caso de non dispoñer de superficie.

A presentación da solicitude única realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Os solicitantes poderán optar por:

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Responsable do tratamento Xunta de Galicia. Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga)
Finalidades do tratamento

Tramitar este procedemento, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue na súa solicitude para comprobar a exactitude destes, levar a cabo as actuacións administrativas que se deriven e informar sobre o estado de tramitación. Así mesmo, os datos persoais incluiranse na Carpeta cidadá de cada persoa interesada para facilitar o acceso á información, tanto persoal como de carácter administrativo.

Lexitimación para o tratamento

O cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable (artigos 6.1., letras c) e e) do RXPD e 8 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais). En concreto, a competencia e obrigas previstas nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración Dixital de Galicia.

Destinatarios dos datos

As administracións públicas no exercicio das súas competencias. A Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda coa finalidade de realizar a xestión, seguimento, información, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europea na súa condición de organismo intermedio dos programas operativos en virtude das funcións atribuídas pola autoridade de xestión dos programas operativos segundo o disposto no punto 1 do artigo 72, e no punto 1 do artigo 82 do Regulamento (UE) 2021/1060, e as súas disposicións de desenvolvemento.

Exercicio de dereitos

As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos ou retirar, no seu caso, o consentimento outorgado a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos 

Contacto coa persoa delegada de protección de datos e máis información

https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos