Intervención de mercados

O Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas administra as operacións relacionadas cos produtos en réxime de intervención, así como outras medidas de mercado que operan como parte da Organización Común de Mercados (OCM).

A finalidade é apoiar a estabilización dos mercados agrícolas incluíndo, entre outras, axudas sectoriais de viño, de froitas e hortalizas ou de aceite de oliva, así como xestionar medidas excepcionais por variacións no mercado. 

Tamén é obxectivo deste Servizo a xestión do Programa Escolar sobre a distribución de froitas frescas, castañas e leite líquido ao alumnado de centros escolares da Comunidade Autónoma de Galicia, controlar a distribución gratuíta de produtos hortofrutícolas en organizacións caritativas e as súas entidades asociadas; intervir nos almacenamentos privados ou públicos de manteiga, leite en po, queixos, carne de porcino  e no sector vitivinícola.