Froitas e hortalizas

Distribución gratuíta de produtos retirados do mercado, do sector das froitas e hortalizas


Obxecto

Na normativa establecida pola UE para a organización común do mercado no sector das froitas e hortalizas contémplanse axudas á retirada de produtos do mercado polas organizacións de produtores. Entre os diversos destinos posibles deses produtos sinálanse a súa distribución gratuíta a obras de beneficencia ou a institucións caritativas, recoñecidas a tal fin polos Estados membros, para as súas actividades en favor das persoas ás que as lexislacións nacionais recoñezan o dereito a recibir asistencia pública debido principalmente á insuficiencia dos recursos necesarios para a súa subsistencia.
 

Destinatarios da distribución gratuíta

Organización caritativa: entidade recoñecida pola lexislación para desenvolver as súas actividades en favor das persoas necesitadas e autorizada pola autoridade competente da comunidade autónoma onde está situada a súa sede social segundo o seu ámbito de actuación, para xestionar tanto a distribución gratuíta das retiradas de froitas e hortalizas aos centros beneficiarios asociados como a distribución directa a persoas necesitadas.

Centro beneficiario asociado: centro beneficiario que recibe exclusivamente retiradas de froitas e hortalizas directamente da organización caritativa á que estea asociado.

Centro beneficiario: entidade caritativa recoñecida pola lexislación para desenvolver as súas actividades a favor das persoas necesitadas e autorizada pola autoridade competente da comunidade autónoma para a recepción, directamente das organizacións de produtores, das froitas e hortalizas provenientes de retiradas, como último destinatario das mesmas, co fin de que sexan consumidas polas persoas acollidas nese centro.
 

Normativa que a regula

Normativa Comunitaria

Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas relativas ao apoio aos plans estratéxicos que elaborarán os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiados polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e por lo que se derogan os Regulamento (UE) 1305/2013 e (UE) 1307/2013. Regulamento Delegado (UE) 2022/126 da Comisión, do 7 de decembro de 2021, polo que se complementa o Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire aos requisitos adicionais para determinados tipos de intervención especificados polos Estados membros nos seus plans estratéxicos da PAC para o período 2023-2027 en virtude do citado Regulamento, e as normas sobre a proporción á norma 1 das boas condicións agrarias e medioambientais (BCAM). 

Disposicións Nacionais Real decreto 857/2022, do 11 de outubro, polo que se regulan os fondos e programas operativos das organizacións de produtores do sector das frutas e hortalizas e das súas asociacións no marco da intervención sectorial do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común. Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan Estratéxico e outras axudas da Política Agrícola Común. Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas de aplicación das sancións nas intervencións contempladas no Plan Estratéxico da Política Agrícola Común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da Política Agrícola Común para o período 2023-2027. Directrices do FEGA. 

 

Circulares de coordinación Circular de Coordinación 16/2023. Autorización das organizacións caritativas e centros benéficos para a distribución gratuíta de froitas e hortalizas procedentes das retiradas. Circular de Coordinación 17/2023. Normas de coordinación das operacións de retirada do mercado, colleita en verde e renuncia a efectuar colleita, dos programas operativos das organizacións de froitas e hortalizas no marco da intervención sectorial do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común. Corrección de erros da Circular de Coordinación 17/2023. Normas de coordinación das operacións de retirada do mercado, colleita en verde e renuncia a efectuar colleita, dos programas operativos das organizacións de froita e hortalizas no marco da intervención sectorial do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común. 


Modelos de impresos

Anexo I. Solicitude de autorización como organización caritativa para a distribución gratuíta de retiradas de froitas e hortalizas Anexo II. Solicitude de autorización como centro benéfico para a recepción de retiradas de froitas e hortalizas Anexo 6.1. Libro rexistro de entradas e saídas para as organización caritativas Anexo 6.3. Libro de consumo humano para os centros benéficos asociados Anexo VII. Documento xustificativo de entrega do produto retirado da organización caritativa ao centro benéfico asociado Anexo VIII. Certificado da organización caritativa correspondente á distribución, entre os centros benéficos asociados, do produto retirado.