Vostede está aquí

Política Agraria Común

Entre os obxectivos da actual política agrícola comunitaria (PAC) atópanse os seguintes:

  • Garantir o abastecemento de alimentos á poboación europea, a prezos axeitados
  • Garantir uns ingresos xustos aos agricultores e o benestar na sociedade rural
  • Aumentar a competitividade dos produtos agrícolas comunitarios no mercado interior e mundial
  • Mellorar a seguridade alimentaria coa mellora das condiciones sanitarias dos animais e do seu benestar
  • Asegurar a protección do medio ambiente

Para a consecución destes obxectivos, o FOGGA xestiona as seguintes medidas:

  • Financiadas na súa totalidade polo Fondo Europeo Agrario de Garantía Agraria (FEAGA):
    • Axudas directas a explotacións agrarias que comprenden tanto o pagamento único por explotación, independente da produción obtida, como outros pagamentos directos en función da produción de determinados sectores e tamén outros pagamentos adicionais ou específicos co obxecto de mellorar a calidade do leite e da carne de vacún ou de ovino e cabrún e para manter as condicións ambientais.
    • Os procedemento de asignación de dereitos de pagamento único a agricultores en función de pagamentos recibidos ou  das solicitudes da reserva nacionl, así como as cesións de dereitos entre agricultores.
    • Outras medidas relacionadas co Apoio ao Sector Lácteo e Mercados Agrícolas, tanto no relativo a almacenamento público como privado ou as axudas á utilización industrial ou a consumo de determinados produtos agrícolas e gandeiros en xeral e en particular polos alumnos de centros escolares.
  • Cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER)
    • Axudas ao desenvolvemento rural establecidas no eixo 2, relativo á mellora do medio ambiente e do medio rural, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013 para o mantemento sostible de terras agrícolas.

Así mesmo leva a cabo as seguintes actuacións :

  • A coordinación e aplicación dos resultados do control da condicionalidade como conxunto de requisitos legais de xestión e boas condicións agrarias e medioambientais que deben cumprir os agricultores para a pecepción destas axudas.
  • O establecemento dos procedementos de solicitude, xestión e pago destas axudas directas.

 

Enlaces ou enderezos de interese

Perspectivas da Política Agraria: Informes breves

La PAC en el horizonte 2020 (73 Kb)

A PAC despois de 2013 

Chequeo médico da PAC

A PAC en detalle (1.147 Kb, español)

Da granxa á mesa (774 Kb, español)