Lugares e prazos
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2024, iniciarase o 1 de febreiro e rematará o día 30 de abril ambos inclusive.
- Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, os solicitantes poderán presentar solicitudes de modificación ata o día 31 de maio.
- O prazo de presentación de solicitudes de modificación do SIXPAC comezará o 1 de febreiro e rematará o 31 de maio, ambos incluídos.
- O período de comunicación das cesións de dereitos de pagamento básico iniciarase o 1 de febreiro e finalizará o 31 de maio, ambos incluídos.
As persoas que desexen obter algún dos pagamentos directos ou das axudas de desenvolvemento rural deberán presentar unha solicitude única.
A solicitude única presentarase na Comunidade Autónoma de Galicia dirixida á persoa titular da dirección do Fogga, cando a explotación estea situada completamente neste territorio ou se, estando situada en máis dunha comunidade autónoma, se atopa na Comunidade Autónoma de Galicia a maior parte da superficie agraria ou o maior número de animais, no caso de non dispoñer de superficie.
A presentación da solicitude única realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=MR&codProc=250A&procedemento=MR250A - ) de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Os solicitantes poderán optar por: