Vostede está aquí

Aspectos xerais

O 1 de xuño de 2018, a Comisión Europea presentou as propostas lexislativas sobre o futuro da política agrícola común (PAC) e teñen por obxecto adaptar a PAC ao futuro.

Trátase de tres propostas sobre:

  • Un Regulamento sobre os plans estratéxicos da PAC.
  • Un Regulamento sobre a organización común de mercados ( OCM) única.
  •  Un Regulamento horizontal sobre financiamento, xestión e seguimento da PAC.

As directrices da Comisión inclúen iniciativas no plano da UE:

  • Un conxunto único de obxectivos establecidos no plano da UE para toda a PAC, no que se detalla o que esta política proponse lograr para os agricultores e gandeiros, os cidadáns e o clima.
  • Un amplo instrumental de tipos de intervención xenéricos acordados no plano da UE, no que se establece o que os Estados membros poden facer cos fondos que se lles asignan.
  • Un conxunto común de indicadores de resultados que a UE acordaría para garantir unhas condicións equitativas á hora de avaliar a eficacia das medidas aplicadas.

As directrices inclúen tamén iniciativas para os Estados membros:

  • Cada Estado membro da UE tería que realizar unha análise exhaustiva das súas necesidades específicas e elaborar un plan estratéxico da PAC.
  • Cada plan concretaría a maneira en que o Estado membro utilizaría o financiamento da PAC para satisfacer as devanditas necesidades, incluídos os instrumentos que usaría, e establecendo os seus propios obxectivos específicos.
  • Cada plan estratéxico da PAC requiriría a aprobación previa da Comisión para garantir a súa coherencia cos obxectivos de toda a UE.
  • Cada ano, os países presentarían un informe de resultados á Comisión para indicar como avanzaron cara aos obxectivos establecidos en relación cos resultados previstos

Comprobaríanse os plans estratéxicos para garantir que non  distorsionan o mercado único nin producen cargas excesivas, nin para os beneficiarios nin para as administracións. A Comisión revisaría a continuación os informes anuais e propoñería recomendacións para mellorar os resultados se fose necesario.

Cabe sinalar que a PAC se encamiña a unha actuación ambiental e climática máis ambiciosa, ao presentar novas obrigacións e incentivos para agricultores e gandeiros:

  • A conservación de chans ricos en carbono mediante a protección de humidais e  turberas.
  • Un instrumento obrigatorio de xestión de nutrientes para mellorar a calidade da auga e reducir os niveis de  amoníaco e de óxido  nitroso.
  • Rotación en lugar de diversificación de cultivos.
  • Inclusión de réximes ecolóxicos nos plans dos países da UE, a fin de apoiar ou incentivar aos agricultores e os gandeiros para que observen prácticas beneficiosas para o clima e o medio ambiente, máis aló dos requisitos obrigatorios.