Vostede está aquí

Referenciación dos Contratos

O prezo a aboar polo leite que debe figurar nos contratos pode ser fixo ou pode calcularse combinando varios factores que poden incluír indicadores de mercado que reflictan os cambios nas condicións do mercado, o volumen subministrado e a calidade ou composición do leite cru subministrado.
A Consellería do Medio Rural fai unha aposta clara por contratos nos que o prezo esta referenciado a algún indicador de mercado, pois favorecerá que estes poidan ser de longa duración, poidan dar maior estabilidade ao sector e poidan reducir os efectos da volatilidade.

XACOBEA (ferramenta informática de referenciación dos prezos do leite)
A Consellería do Medio Rural creou a presente ferramenta informática para a referenciación de prezos do leite que pode ser utilizado para reducir os efectos da alta volatilidade dos prezos do leite, e para poder compensar simultáneamente en función da evolución dos custos de produción, e serve para obter un valor ao cal referenciarse á hora de establecer un prezo para o leite no contrato a asinar, coa grande vantaxe de evolucionar en tempo real co mercado lácteo.

http://xacobea.xunta.es

Descrición do uso da ferramenta

Descrición do modelo da ferramenta

 Fontes de datos de Xacobea