Vitivinícola

DECLARACIÓNS OBRIGATORIAS NO SECTOR VITIVINÍCOLA

Normativa de aplicación:

  • O Real Decreto 739/2015, de 31 de xullo, sobre declaracións obrigatorias no sector vitivinícola, modificado polo Real Decreto 313/2016, contén a normativa básica en materia de declaracións obrigatorias necesaria para o desenvolvemento do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derogan os Regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1037/2001 e (CE) nº 1234/2007.
  • Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia

DECLARACIÓN DE COLLEITA:

Persoas obrigadas a presentar a declaración: as persoas ou entidades viticultoras que comercialicen toda ou parte da súa colleita.

Persoas exentas de presentar a declaración: as persoas ou entidades viticultoras que non comercialicen ningunha parte da súa colleita.

Nº de declaracións: unha por cada provincia onde posúa superficie de viñedo en produción, utilizando un exemplar do anexo I.

Prazo: ata o 10 de decembro de cada ano.

Procedementos: MR441B e MR441C da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Os Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Protexidas dos Viños Galegos poden presentar a información das declaracións de colleita dos seus socios se asinan un convenio de colaboración co AGACAL e co FOGGA e obteñen a autorización dos seus viticultores para tal fin; para presentala deben empregar o procedemento MR441I.

DECLARACIÓN DE PRODUCIÓN E EXISTENCIAS DE VIÑO E/OU MOSTO:

Obriga de declarar e prazo de presentación:

  • Produtores que nas 4 campañas anteriores tiveran unha produción media de viño e mosto inferior a 1.000 hl, presentarán unha declaración por instalación nos meses de decembro e agosto, a máis tardar o día 20 deses meses.

Quedan dispensados de declarar:

  • Os produtores que obteñan nas súas instalacións, mediante vinificación de produtos comprados, unha cantidade de viño inferior a 10 hectolitros (1.000 litros), non destinada á comercialización.
  • Os socios ou membros dunha adega cooperativa suxeita á obriga de presentar unha declaración, que entreguen toda a súa produción á devandita adega cooperativa. Poderán, non obstante, reservarse unha cantidade de viño inferior a 10 hectolitros (1.000 litros) destinado ao seu autoconsumo.

Procedemento: todos os obrigados a declarar teñen que declarar electronicamente os seus datos de existencias e produción na aplicación informática de declaracións no sector vitivinícola (INFOVI) que xestiona a Axencia de Información da Cadea Alimentaria (AICA):

https://servicio.mapama.gob.es/GestionInterna/Inicio.aao

INFORMACIÓN DOS PROVEDORES E XUSTIFICANTES DE COMPRA VENTA DE PRODUTOS

Obrigados: todos os obrigados a presentar a declaración de produción. Nota: Se o produtor é adegueiro e elabora produtos soamente con uvas da súa produción, non é preciso que presente estes anexos, pois esa información xa figura na súa declaración de colleita. 
 

Prazo: entre o 30 de novembro e o 10 de decembro.

Procedemento: MR441E da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

ELIMINACIÓN DE SUBPRODUCTOS OBTIDOS NA TRANSFORMACIÓN VINÍCOLA

Obrigados: todos os obrigados a presentar a declaración de produción que produzan mais de 50 hl de viño ou mosto.

Prazo: entre o 30 de novembro e o 10 de decembro.

Procedemento: MR441D da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

ALTAS, BAIXAS E MODIFICACIÓNS DA INFORMACIÓN DO REXISTRO XERAL DE OPERADORES DO SECTOR VITIVINICOLA (REOVI)

Para darse de alta ou baixa como operador do sector vinícola, así como para proceder á comunicación de modificación dalgún dos datos que constan no Rexistro de Operadores do sector vitivinícola regulado no Real decreto 739/2015 debe presentar unha solicitude para tal fin.

Procedemento: MR441H da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

DECLARACIÓN DE DESTINO DAS PRODUCIÓNS DE PLANTACIÓNS ILEGAIS

Obrigados: viticultores que obtivesen uvas de parcelas plantadas sen permiso da Administración e que non fosen regularizadas.

Prazo: ata o 10 de decembro de cada ano.

Procedemento: MR441G da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Para máis información e consulta de dúbidas, pode visitar a páxina web da AICA 

http://www.aica.gob.es/preguntas_frecuentes/declaraciones_vino

ou dirixirse ao Servizo Territorial do Fogga da provincia que lle corresponda:

Servizo Territorial do Fogga - Coruña 
Praza Luis Seoane, s/n 
15008 A Coruña. 
Teléfono: 981 184 525 
Fax: 981 184 559

Servizo Territorial do Fogga - Lugo 
Ronda da Muralla,70. 2º andar 
27071 Lugo. 
Teléfono: 982 294 462 
Fax: 982 294 411

Servizo Territorial do Fogga - Ourense 
Rúa do Paseo, 22 – 1º. 
32003 Ourense 
Teléfono: 988 386 948 
Fax: 988 386 940

Servizo Territorial do Fogga - Pontevedra 
Paseo de Cervantes, 7-1º. 
36071 Pontevedra 
Teléfono: 986 805 455 
Fax: 986 805 569