I. Órganos de Goberno do Fogga
Os órganos de goberno do Fogga son a Presidencia e o Consello Reitor.
A Presidencia do Fogga, tal e como dispón no artigo 12 dos seus estatutos, corresponde ao Conselleiro do Medio Rural.
O Consello Reitor do Fogga: Os vogais do Consello Reitor nomeáronse consonte co previsto na Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Consello Reitor do Fondo Galego de Garantía Agraria (Diario Oficial de Galicia núm. 117, do 21 de xuño).
O Director do Fogga é o órgano executivo e de xestión do organismo, nomeado e separado por decreto do Consello da Xunta entre os que teñen a condición de titular dun órgano de dirección da consellería competente en materia de medio rural. Na actualidade o Director do Fogga é o Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.
A composición actual dos ditos órganos é a seguinte:
Presidente do Fogga: José González Vázquez
Director do Fogga: Silvestre José Balseiros Guinarte
Vogais do Consello Reitor:
En representación da Consellería do Medio Rural:
- Secretaria Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural
- Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal
- Subdirector Xeral de Xestión da PAC
En representación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio:
- Directora Xeral de Conservación da Natureza
En representación da Consellería de Facenda:
- Subdirectora Xeral de Xestión do FSE e outros programas comunitarios
II. Delegación de funcións
Resolución do 29 de abril de 2009 sobre delegación de competencias no vicepresidente e no director do Fondo Galego de Garantía Agraria
III. Contas anuais e informes de auditoría das contas anuais
- Conta anual 2017 (6,64 Mb)
IV. Convenios
V. Contratos
Encomendas de xestión
Encomendas de xestión vixentes a 01.01.2019
Obxecto da encomenda | Prazo de vixencia |
---|---|
Encargo para os traballos técnicos de colaboración instrumental co FOGGA, das axudas ao programa de actuacións para a aplicación da PAC en Galicia durante o ano 2019. |
31/12/2019 |