APERTURA DO PRAZO PARA A SOLICITUDE ÚNICA 2025

sga

O próximo 6 de marzo dará comezo o prazo para a presentación da Solicitude Única para o ano 2025, que finalizará o 30 de abril, ambos días incluídos. Nesta solicitude, os solicitantes deberán indicar as liñas de axuda as que aspiran.

Unha vez rematado o prazo para a presentación da solicitude, as persoas solicitantes terán a posibilidade de modificar a súa solicitude ata o 31 de maio, inclusive. Este período de modificación é clave para aquelas persoas que necesiten corrixir ou axustar información na súa solicitude.

Adicionalmente, o prazo para a presentación de solicitudes de modificación do SIXPAC iniciarase na data de comezo do prazo para a presentación da solicitude única e rematará o 31 de outubro de 2025. Non obstante, para que as resolucións teñan efecto sobre as superficies declaradas na solicitude única do ano 2025, o prazo rematará co fin do prazo de modificación da solicitude única.

Por último, o período de comunicación das cesións de dereitos de pagamento básico será o mesmo día en que se inicie o
prazo de presentación da solicitude única e rematará o mesmo día en que remate o prazo de modificación da solicitude única.