2023-2027

Aspectos xerais

O 1 de xuño de 2018, a Comisión Europea presentou as propostas lexislativas sobre o futuro da política agrícola común (PAC) e teñen por obxecto adaptar a PAC ao futuro.

Trátase de tres propostas sobre:

  • Un Regulamento sobre os plans estratéxicos da PAC.
  • Un Regulamento sobre a organización común de mercados ( OCM) única.
  • Un Regulamento horizontal sobre financiamento, xestión e seguimento da PAC.

As directrices da Comisión inclúen iniciativas no plano da UE:

  • Un conxunto único de obxectivos establecidos no plano da UE para toda a PAC, no que se detalla o que esta política proponse lograr para os agricultores e gandeiros, os cidadáns e o clima.
  • Un amplo instrumental de tipos de intervención xenéricos acordados no plano da UE, no que se establece o que os Estados membros poden facer cos fondos que se lles asignan.
  • Un conxunto común de indicadores de resultados que a UE acordaría para garantir unhas condicións equitativas á hora de avaliar a eficacia das medidas aplicadas.

As directrices inclúen tamén iniciativas para os Estados membros:

  • Cada Estado membro da UE tería que realizar unha análise exhaustiva das súas necesidades específicas e elaborar un plan estratéxico da PAC.
  • Cada plan concretaría a maneira en que o Estado membro utilizaría o financiamento da PAC para satisfacer as devanditas necesidades, incluídos os instrumentos que usaría, e establecendo os seus propios obxectivos específicos.
  • Cada plan estratéxico da PAC requiriría a aprobación previa da Comisión para garantir a súa coherencia cos obxectivos de toda a UE.
  • Cada ano, os países presentarían un informe de resultados á Comisión para indicar como avanzaron cara aos obxectivos establecidos en relación cos resultados previstos

Comprobaríanse os plans estratéxicos para garantir que non  distorsionan o mercado único nin producen cargas excesivas, nin para os beneficiarios nin para as administracións. A Comisión revisaría a continuación os informes anuais e propoñería recomendacións para mellorar os resultados se fose necesario.

Cabe sinalar que a PAC se encamiña a unha actuación ambiental e climática máis ambiciosa, ao presentar novas obrigacións e incentivos para agricultores e gandeiros:

  • A conservación de chans ricos en carbono mediante a protección de humidais e  turberas.
  • Un instrumento obrigatorio de xestión de nutrientes para mellorar a calidade da auga e reducir os niveis de  amoníaco e de óxido  nitroso.
  • Rotación en lugar de diversificación de cultivos.
  • Inclusión de réximes ecolóxicos nos plans dos países da UE, a fin de apoiar ou incentivar aos agricultores e os gandeiros para que observen prácticas beneficiosas para o clima e o medio ambiente, máis aló dos requisitos obrigatorios.
Normativa

ORDE do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D)

ORDE do 29 de maio de 2023 pola que se modifica a Orde do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos a agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedimiento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D)

ORDE do 3 de xullo de 2023 pola que se definen as penalizacións por incumprimento dos requisitos de admisibilidade e compromisos das axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas, das obrigas da condicionalidade reforzada do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 e pola que se establecen os organismos de control da condicionalidade reforzada

ORDE do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D)

ORDE do 2 de maio de 2024 pola que se modifica a Orde do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control

Paquete lexislativo da PAC 2023-2027

Real Decreto 1028/2024, de 8 de outubro, polo que se modifican diversos reales decretos en materia de política agraria común, para a súa adaptación á modificación do Plan Estratéxico da Política Agraria Común.

Real Decreto 567/2024, de 18 de xuño, polo que se modifica o Real Decreto 1049/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen as normas para a aplicación da condicionalidade reforzada e da condicionalidade social que deben cumprir as persoas beneficiarias das axudas no marco da Política Agrícola Común que reciban pagos directos, determinados pagos anuais de desenvolvemento rural e do Programa de Opcións Específicas polo afastamento e a Insularidade (POSEI).

Real Decreto 1177/2023, do 27 de decembro, polo que se modifican diversos reais decretos ditados para a aplicación en España da Política Agrícola Común.

Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da Política Agrícola Común e outras materias conexas.

Real Decreto 1045/2022, do 27 de decembro, sobre dereitos de axuda básica á renda para a sustentabilidade da Política Agrícola Común.

Real Decreto 1046/2022, do 27 de decembro, polo que se regula a gobernanza do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común en España e dos fondos europeos agrícolas FEAGA e Feader.

Real Decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan Estratéxico e outras axudas da Política Agrícola Común.

Real Decreto 1048/2022, do 27 de decembro, sobre a aplicación, a partir de 2023, das intervencións en forma de pagos directos e o establecemento de requisitos comúns no marco do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común, e a regulación da solicitude única do sistema integrado de xestión e control.

Real Decreto 1049/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen as normas para a aplicación da condicionalidade reforzada e da condicionalidade social que deben cumprir as persoas beneficiarias das axudas no marco da Política Agrícola Común que reciban pagos directos, determinados pagos anuais de desenvolvemento rural e do Programa de Opcións Específicas pola Distancia e a Insularidade (POSEI)

Real Decreto 1050/2022, do 27 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, que establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios.

Real Decreto 1051/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen normas para a nutrición sostible nos solos agrarios.

Real Decreto 1053/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen normas básicas de ordenación das granxas bovinas.

Real Decreto 1054/2022, do 27 de decembro, polo que se establece e regula o Sistema de información de explotacións agrícolas e gandeiras e da produción agraria, así como o Rexistro autonómico de explotacións agrícolas e o Caderno dixital de explotación agrícola.

Real Decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións contempladas no Plan Estratéxico da Política Agrícola Común, e modifícanse varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da Política Agrícola Común para o período 2023-2027

Orde APA/204/2023, do 28 de febreiro, pola que se establece e regula ou contido mínimo do Rexistro autonómico de explotacións agrícolas e do Caderno dixital de explotación agrícola e a cronoloxía de incorporación de fontes de información no Sistema de información de explotacións agrícolas, gandeiras e da produción agraria.

PAC 2024

Para facilitar aos agricultores a tramitación das axudas no ano 2024, inclúense nunha soa Solicitude Unificada varias axudas directas da PAC baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando (pagamentos directos) así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control unificando tamén o período de solicitude.

As axudas que se inclúen na Solicitude Unificada de axudas PAC 2024 son:

  • Axudas directas á agricultura e á gandaría:
    • Axuda básica á renda para a sustentabilidade (ABRS)
    • Axuda redistributiva complementaria á renda para a sustentabilidade
    • Axuda complementaria á renda para novos agricultores e agricultoras
    • Réximes en favor do clima, o medio ambiente e o benestar animal (ecorreximes):
      • Pastoreo extensivo.
      • Illas de biodiversidade ou sega sostible.
      • Rotación de cultivos con especies mellorantes.
      • Sementa directa.
      • Cuberta vexetal espontánea ou sementada.
      • Cuberta inerte.
      • Establecemento de illas de biodiversidade.
    • Axudas asociadas:
      • Axuda asociada para os gandeiros extensivos de vacún de carne
      • Axuda asociada para o engorde de tenreiros na explotación de nacemento
      • Axuda asociada para o engorde sustentable de tenreiros
      • Axuda asociada para a produción sustentable de leite de vaca
      • Axuda asociada para os gandeiros extensivos e semiextensivos de ovino e caprino
      • de carne
      • Axuda asociada para a produción sustentable de leite de ovella e cabra
      • Axuda asociada para gandeiros extensivos e semiextensivos de ovino e cabrún sen
      • pastos que pastorean restrollos, barbeitos e restos hortofrutícolas
      • Axuda asociada á produción sustentable de proteínas de orixe vexetal
      • Axuda asociada ao oliveiral con dificultades específicas e alto valor medioambiental
    • As liñas de axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control son:
      • Axudas a zonas con limitacións naturais de montaña
      • Axudas de agroambiente
      • Axudas forestais

Orde Pac

Solicitude de devolución voluntaria de axudas PAC

Zonas de concentración parcelaria sen referencias SIXPAC

Zonas de montaña e distintas de montaña

Solicitude de declaración doutras axudas

En 2024, o conxunto de axudas directas da PAC xestiónase no marco da ORDE do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D) pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaríae das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de Xestión e control.

A Orde do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, establece, no título III, as axudas de desenvolvemento rural no ámbito do SIXC seguintes:

  • Pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas, do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020 (medida 13) (cofinanciadas nun 75% polo FEADER).
  • Axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 (cofinanciadas nun 80% polo FEADER).
    • Intervención 65012 “Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de cultivos sostibles”:
      • Subintervención 65012.02: Extensivos
      • Subintervención 65012.03: Leñosos
      • Subintervención 65012.04: Economía circular
    • Intervención 65013 “Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sostible de pastos”:
      • Subintervención 65013.02: Extensificación pastos arbustivos e arborizados
      • Subintervención 65013.03: Convivencia co lobo
    • Intervención 65014 “Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Apicultura para a biodiversidade”:
      • Subintervención 65014.01: Apicultura para a biodiversidade
    • Intervención 6503 “Compromisos agroambientais en agricultura ecolóxica”:
      • Liña: Cultivos agrícolas ecolóxicos
        • Subintervención 6503.17: Conversión de cultivos agrícolas ecolóxicos.
        • Subintervención 6503.18: Mantemento de cultivos agrícolas ecolóxicos.
      • Liña: Viñedos para vinificación ecolóxica
        • Subintervención 6503.19: Conversión de viñedos para vinificación ecolóxica.
        • Subintervención 6503.20: Mantemento de viñedos para vinificación ecolóxica.
      • Liña: Gandería ecolóxica
        • Subintervención 6503.21: Conversión de gandería ecolóxica.
        • Subintervención 6503.22: Mantemento de gandería ecolóxica.
      • Liña: Apicultura ecolóxica
        • Subintervención 6503.23: Conversión de apicultura ecolóxica.
        • Subintervención 6503.24: Mantemento de apicultura ecolóxica..
    • Intervención 65051 “Compromisos de conservación de recursos xenéticos SIGC”:
      • Subintervención 65051.01: Razas gandeiras autóctonas en risco de erosión xenética.
      • Subintervención 65051.02: Conservación de variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética.

Máis información no Portal “Nova PAC” da web do FOGGA

O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2024, iniciarase o 3 de maio e rematará o día 31 de maio ambos incluídos.

  • Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán modificar a solicitude ata o 15 de xuño incluído.
  • O prazo de presentación de solicitudes de modificación do SIXPAC comezará o 1 de febreiro e rematará o 31 de maio, ambos incluídos.
  • O período de comunicación das cesións de dereitos de pagamento básico iniciarase o 1 de febreiro e finalizará o 31 de maio, ambos incluídos.

As persoas que desexen obter algún dos pagamentos directos ou das axudas de desenvolvemento rural deberán presentar unha solicitude única.

A solicitude única presentarase na Comunidade Autónoma de Galicia dirixida á persoa titular da dirección do Fogga, cando a explotación estea situada completamente neste territorio ou se, estando situada en máis dunha comunidade autónoma, se atopa na Comunidade Autónoma de Galicia a maior parte da superficie agraria ou o maior número de animais, no caso de non dispoñer de superficie.

A presentación da solicitude única realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=MR&codProc=250A&procedemento=MR250A -) de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Os solicitantes poderán optar por:

  • Realizar a solicitude a través das entidades colaboradoras asinantes dun convenio para tal efecto co Fogga.
  • Realizar persoalmente a súa solicitude no enlace http://sgapac.xunta.es para o que precisan dispoñer dun certificado dixital con vixencia.
PAC 2023

Para facilitar aos agricultores a tramitación das axudas no ano 2023, inclúense nunha soa Solicitude Unificada varias axudas directas da PAC baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando (pagamentos directos) así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control unificando tamén o período de solicitude.

As axudas que se inclúen na Solicitude Unificada de axudas PAC 2023 son:

  • Axudas directas á agricultura e á gandaría:
    • Axuda básica á renda para a sustentabilidade (ABRS)
    • Axuda redistributiva complementaria á renda para a sustentabilidade
    • Axuda complementaria á renda para novos agricultores e agricultoras
    • Réximes en favor do clima, o medio ambiente e o benestar animal (ecorreximes):
      • Pastoreo extensivo.
      • Illas de biodiversidade ou sega sostible.
      • Rotación de cultivos con especies mellorantes.
      • Sementa directa.
      • Cuberta vexetal espontánea ou sementada.
      • Cuberta inerte.
      • Establecemento de illas de biodiversidade.
    • Axudas asociadas:
    • Axuda asociada para os gandeiros extensivos de vacún de carne
    • Axuda asociada para o engorde de tenreiros na explotación de nacemento
    • Axuda asociada para o engorde sustentable de tenreiros
    • Axuda asociada para a produción sustentable de leite de vaca
    • Axuda asociada para os gandeiros extensivos e semiextensivos de ovino e caprino de carne
    • Axuda asociada para a produción sustentable de leite de ovella e cabra
    • Axuda asociada para gandeiros extensivos e semiextensivos de ovino e cabrún sen pastos que pastorean restrollos, barbeitos e restos hortofrutícolas
    • Axuda asociada á produción sustentable de proteínas de orixe vexetal
    • Axuda asociada ao oliveiral con dificultades específicas e alto valor medioambiental
  • As liñas de axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control son:
    • Axudas a zonas con limitacións naturais de montaña
    • Axudas de agroambiente
    • Axudas forestais

Orde Pac

Solicitude de devolución voluntaria de axudas PAC

Zonas de concentración parcelaria sen referencias SIXPAC

Zonas de montaña e distintas de montaña

Solicitude de declaración doutras axudas

En 2023, o conxunto de axudas directas da PAC xestiónase no marco da ORDE do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D) pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaríae das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de Xestión e control.

A orde do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, establece, no título III, as axudas de desenvolvemento rural no ámbito do SIXC seguintes:

  • Pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas, do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020 (medida 13) (cofinanciadas nun 75% polo FEADER).
  • Axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 (cofinanciadas nun 80% polo FEADER).
    • Intervención 65012 “Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de cultivos sostibles”:
      • Subintervención 65012.02: Extensivos
      • Subintervención 65012.03: Leñosos
      • Subintervención 65012.04: Economía circular
    • Intervención 65013 “Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sostible de pastos”:
      • Subintervención 65013.01: Extensificación de prados
      • Subintervención 65013.02: Extensificación pastos arbustivos e arborizados
      • Subintervención 65013.03: Convivencia co lobo
    • Intervención 65014 “Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Apicultura para a biodiversidade”:
      • Subintervención 65014.01: Apicultura para a biodiversidade
    • Intervención 6503 “Compromisos agroambientais en agricultura ecolóxica”:
      • Liña: Cultivos agrícolas ecolóxicos
        • Subintervención 65030.17: Conversión de cultivos agrícolas ecolóxicos.
        • Subintervención 65030.18: Mantemento de cultivos agrícolas ecolóxicos.
      • Liña: Viñedos para vinificación ecolóxica
        • Subintervención 65030.19: Conversión de viñedos para vinificación ecolóxica.
        • Subintervención 65030.20: Mantemento de viñedos para vinificación ecolóxica.
      • Liña: Gandería ecolóxica
        • Subintervención 65030.21: Conversión de gandería ecolóxica.
        • Subintervención 65030.22: Mantemento de gandería ecolóxica.
      • Liña: Apicultura ecolóxica
        • Subintervención 65030.23: Conversión de apicultura ecolóxica.
        • Subintervención 65030.24: Mantemento de apicultura ecolóxica..
    • Intervención 65051 “Compromisos de conservación de recursos xenéticos SIGC”:
      • Subintervención 65051.01: Razas gandeiras autóctonas en risco de erosión xenética.
      • Subintervención 65051.02: Conservación de variedades autóctonas vexetais en risco de erosión xenética.

Máis información no Portal “Nova PAC” da web do FOGGA

O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2023, iniciarase o 1 de marzo e rematará o día 30 de xuño ambos inclusive (modificado por RDL 4/2023 de 11 de maio)

  • Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, os solicitantes poderán presentar solicitudes de modificación ata o día 30 de xuño.
  • O prazo de presentación de solicitudes de modificación do SIXPAC comezará o 1 de marzo e rematará o 30 de xuño, ambos incluídos.
  • O período de comunicación das cesións de dereitos de pagamento básico iniciarase o 1 de marzo e finalizará o 30 de xuño de 2023, ambos incluídos.